Sara Vidal deixa LUAR NA LUBRE por motivos persoais. Atentos ás noticias. En breve faremos dous concertos, de despèdida de Sara e de presentación da nova vocalista, galega d'A Coruña.
Moitas grazas Sara!!! E moi boa sorte nas túas nova andainas.
O grupo Luar na Lubre anunciou hoxe a decisión do seu vocalista, Sara Vidal, de abandonar a banda galega «por motivos persoais», logo de sete anos, catro discos e máis de douscentos concertos.
A banda, que recentemente celebrou o seu vixésimo quinto aniversario, agradece o traballo realizado por Vidal, que chegou ao grupo co difícil papel de substituír á anterior vocalista, Rosa Cedrón.
Na súa nota, o grupo destaca que nos vinte e cinco anos da banda xa pasaron tres vocalistas, que fixeron unha achega «moi valiosa e positiva» para o grupo.
A orixe portuguesa de Sara Vidal, recorda Luar na Lubre, serviu ademais para reforzar a importante relación que o grupo sempre mantivo con este país.
A substituta será presentada proximamente nunha conferencia de prensa, aínda que o grupo anuncia que compartirá escenario con Vidal en senllos concertos no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, (11 de outubro) e no Auditorio Pilar Bardem de Rivas -Vaciamadrid (14 de outubro).
Luar na Lubre non ofrece máis pistas sobre a nova vocalista e asegura que a súa voz «vai sorprender» e suporá «un reto» para o grupo.