Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Daravelo pon de acordo á Comisión de Festas e á Asociación da Danza |
|
Tras unha semana convulsa, chea de acusacións por unha e outra parte, por fin impúxose a cordura. O portavoz da Asociación de Veciños "Daravelo", Antonio Paredes, foi o encargado de pór fin á disputa.
O mércores chamou aos representantes da Asociación da Tradicional Danza de Darbo e aos da comisión de festas da Romaría de Darbo, e convocounos a unha reunión. O encontro tivo lugar, ás 19.00 horas, na antiga escola de Seixo, e parece que con bo éxito, tras máis de dúas horas de conversación e de limar asperezas.
A reunión serviu para retomar o diálogo e deixar resoltos os deberes e dereitos de cada unha das partes. Practicamente retomouse a tradición e a danza figurará na programación das festas. Pola súa banda, a comisión de festas comprométese a pagar os petiscos e a entregar un donativo dunha cantidade fixa ou a factura da limpeza dos traxes da danza na tinturaría, algo que decidirá a comisión que cada ano organice as festas.
O acordo sinala que "No día de hoxe vense de celebrar no local da Asociación de Veciños Daravelo de Darbo unha reunión convocada por esta asociación veciñal a raíz das novas aparecidas este días nos distintos medios informativos. Na mesa participaron os representantes da Comisión de Festas da Tradicional Romería de Darbo e da Asociación da Danza de Darbo. Neste encontro chegaron ó acordo que permite a continuidade das relacións entre estas entidades de forma harmónica, anunciado a celebración da danza o día 8 de septembro nos horarios habituais, despois da misa maior e tamén pola tarde".
A Asociación de Veciños de Daravelo adiantouse ao rexedor local de Cangas, José Enrique Sotelo, que tiña a intención de reunirse coas partes. De feito fixara para o día 2 de setembro un encontro coa Asociación da Danza de Darbo, que podería celebrarse igual, pese ao acordo alcanzado onte.
Antonio Paredes quere destacar que non atopou grandes fracturas entre as partes e que foron unha sucesión de malentendidos o que levou a unha situación á que nunca se tiña que chegar. Paredes destacou a vontade de ambas as partes.
www.farodevigo.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|