Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II Concurso de Pandereteir@s da A. C. Os Muiños de Oliveira
1.É un concurso no que poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños... etc, que o desexen.
2.Constará de unha soa modalidade; esta será de pandereteiras/os.
3.Nesta modalidade haberá 2 categorías:
Categoría A: ata os 16 anos.
Categoría B: dos 17 anos en diante.
4.A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en mais de dous anos.
5.Os grupos participantes poderán ser; femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.
6.Cada grupo irá acompañado dun só representante, e deberase designar unha parella do grupo para estar no escenario no momento da entrega de premios (vestidos co traxe).
7.Ningún participante poderá concursar en máis dun grupo.
8.No momento da calificación, o xurado terá en conta:
Autenticidade das pezas a interpretar, que deberán ser tradicionais.
Dificultade da mesma.
Afinación e interpretación.

O XURADO TERÁ TOTAL LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I OU LIBRO DE FAMILIA ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE O ESTIMAN OPORTUNO.

9.Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/as peza/as. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

10.Os premios serán os seguintes:
Categorías A :
1º premio: Trofeo e 300 ?.
2º premio: Trofeo e 200 ?.
3º premio: Trofeo.

Categorías B :
1º premio: Trofeo e 600 ?. 2º premio: Trofeo e 300 ?.
3º premio: Trofeo e 200 ?.

11.O xurado será nomeado pola A. C. ?Os Muíños de Oliveira?, e os seus fallos serán inapelables.
12.Nesta convocatoria non participaran grupos da A.C. ?Os Muíños de Oliveira?.
13.A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases.
14.O concurso terá lugar o día 22 de Abril do 2007, ás 16:00 da tarde para as categorías A e B, no Auditorio Reveriano Soutullo (Ponteareas). As entregas de premios, das categorías A e B faranse unha vez rematada a última categoría .
15.Tódolos grupos participantes deberán estar presentes no Auditorio unha hora antes de que comece o concurso.
16.O prazo de inscrición rematará o día 2 de Abril 2007, debendo enviar debidamente cumprimentada a folla adxunta:
Á Asociación Cultural ?Os Muíños de Oliveira?; Porteliña, 17 - Santiago de Oliveira, C.P: 36.864 Ponteareas (Pontevedra).
E-mail: pandereteiras_oliveira@hotmail.com

17.NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRIPCIÓN FORA DE PLAZO, NIN TAMPOUCO NINGUNHA MODIFICACIÓN.
18.No caso de ter algunha dúbida, esta será atendida polos membros organizadores nos teléfonos:
Telf.: 986 11 51 39
Telf. Móbil: 686 09 93 36 / 699 32 39 08
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-02-2007 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Hola a todos os que lestes esta noticia:
Tal vez non todos sexades moi partidarios da celebración deste tipo de concursos, pero xa sabedes que dalgún xeito é a única maneira que temos algúns grupos de subsitir e de que se nos recoñe#blgtk08#za o traballo que facemos.
É por iso que vos invito a todos aqueles que esteades interesados a vir participar no noso concurso, para contribuír un pouquiño na defensa e propagación desta cultura que tanto nos gusta.
Un saúdo.
Comentario por Nuria (06-03-2007 11:42)
2 tedes que meter a folla de inscri#blgtk08#pción no voso espacio web
Comentario por diego (12-03-2007 23:24)
3 Non podemos colgar documentos no space. O Messenger non da para #blgtk08#tanto.
Pero podedes solicitalo por email e se vos envía.
Comentario por Nuria - Os Muíños (21-03-2007 12:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0