Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ultraqans na Fnac da Coruña |
|
Martes 21 de xuño ás 19:30hs
O martes 21 de xuño, día máis longo do ano e por suposto ?día europeo da música?, os Ulträqäns tocarán na FNAC Coruña, para celebrar varias cousiñas: a saída do seu disco, a súa distribución física, dixital, a música e tamén a entrada do verán!
Os Ulträqäns fabrican un punk-folk de ciencia ficción, frenético e rotundo, que soa familiar aos ouvidos educados nas tabernas pero nos que os sintetizadores e as bases rítmicas do funk e do ska están presentes ao longo do seu potente directo.
Os Ulträqäns naceron coa idea de darlle outra volta ao parafuso da música do novo milenio, forxando un son orixinal e non catalogábel, pero que dan ao tempo coa fórmula de provocar o baile intenso no seu público.
Cinco experimentados músicos inzados de retranca e bo humor que só queren xolda, paixón e frenesí.
Ulträqäns é un choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas con fúria zoupadora de varios quilo-estalos.
Que o desfruten.
Chipirixouba!
Ulträqäns son:
Aarón Bouzón: frauta travesa, Ewi4000s, whistles e gaita
Antón Díaz: voz, baixo e contrabaixo eléctricos
Fran Amil: batería
Tino Vilaro: guitarra
Tomás Saiz: acordeón piano
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|