Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Foliada A Rúa de Cuntis
"Coma nos vellos tempos

Moitos foron os puntos da nosa xeografía nos que un cruce de camiños era o lugar idóneo para xuntarse e así distraerse ao son das pandeiretas e gaitas dos traballos nas leiras.

Lugares coma a aldea de Vilariño (Cuntis) no que as mozas e mozos da redonda, incluso achegados e achegadas dende concellos limítrofes coma o de Caldas de Reis, cantaban e bailaban á luz do candil. Martes, xoves, sábado...calquera día da semana era bo para pasar unha tarde, ás veces noite, ao son de muiñeiras, xotas e pasodobres na Rúa de Vilariño.

Así, inspirándonos nesas xuntanzas, xurde A Rúa de Cuntis. Este venres 10 de Xuño ás 22h a Praza das Árbores, onde a Biblioteca Municipal ?Roberto Blanco Torres? (antigo Hospitalillo), será o esceario sobre o cal se tentará recuperar o espírito daquela Rúa de Vilariño e de tantas outras rúas e ruadas.

Convidados e convidadas quedades aqueles músicos, bailadoras, gaiteiros, pandereteiras e todo aquel que teña a ben acompañarnos nesta festa, na que non han faltar petiscos de balde para acompañar a ruada.

?Bótalle un agarradiño,

bótalle un agarradiño

que van entrar a bailare

os mozos de Vilariño?
"
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 10-06-2011 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0