Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Obradoiro de Treboada
O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego presenta o obradoiro de Treboada que organiza dentro da VI Mostra de Cinema Etnográfico do Museo. Será o sábado 11 de xuño ás 11 horas.

Este ano como actividade complementaria á Mostra e tendo relación con algúns dos documentais que se van pasar, Oli Xiraldez achegaranos ás TREBOADAS, ese conxunto instrumental típico da comarca do Baixo Miño, formado orixinariamente por unha gaita de barquín, un tambor e un ou dous bombos de grandes dimensións, e que ao largo do pasado século foise modificando, aumentando o número de bombos, e sustituindo a gaita de barquín pola de sopro directo.

Neste obradoiro, que se celebrará no sábado 11 de xuño ás 11h, achegarémonos a esta formación instrumental debullando un dos toques máis característicos do sur da provincia de Pontevedra. Ao acabar poderemos ver o documental "De porta en Porta" de Lisi González que nos fala das bandas de bombos de Tomiño e do Norte de Portugal.

A actividade é gratuíta pero hai prazas limitadas, sendo necesario reservalas neste enderezo electrónico ou ben no teléfono 981 583 620.

Haberá bombos para o taller pero recoméndase que as persoas que o teñan, traian o seu.

Axuntamos tamén a información sobre a VI Mostra de Cinema Etnográfico que se celebrará do 7 ao 15 de xuño.

www.museodopobo.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-06-2011 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0