Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III Ciclo de Músicas Inmigradas: Uruguay
URUGUAY
Venres 3 e 10 de xuño
18:30 a 20:30
Salón de actos da e-Trad ou patio da Escola de Artes e Oficios (dependerá da meteoroloxía)
Entrada libre ata completar aforo


Os Ciclos de Músicas Inmigradas que leva organizado a e-Trad dende o seu inicio (como actividade libre dentro do seu programa de actividades extrescolares dos venres pola tarde) teñen como fundamento dar a coñecer culturas foráneas á nosa da man de personas pertencentes a elas que, por unhas razóns ou por outras, trocaron o seu lugar de procedencia polo noso.

Os protagonistas destas xornadas falarán das formas de vida, sociedade, gastronomía e, por suposto, das músicas e danzas tradiccionais do seu pais. Das posibles semellazas e diferenzas entre a súa cultura e a nosa. Da súa andaina por estes lares, o encontro coa nosa música ?

En definitiva, trátase de fomentar a unión e a comunicación entre as diversas culturas que conviven xuntas facilitando a súa integración. Comprender que todolos pobos comparten a mesma forma de se divertir e unha linguaxe común; a música.

Este ano xa contamos coa presenza de representantes de Rumanía na primeira parte do ciclo e agora queda a segunda parte con representantes de Uruguay que empregarán a primeira tarde para poñernos en contexto: falar do seu país (localización, sociedade, economía, política ?) e achegarnos ás súas tradicións musicais e danzas a través dunha serie de actividades nas que poderán participar todolos asistentes. A segunda xornada será de repaso das actividades e mostra da gastronomía do país, rematando festivamente cun intercambio cultural Galicia- Uruguay.

Ion Stan e Cristian Busuioc, da Asociación Puente Cultural Rumano Gallego, co grupo folclórico de dita asociación afincada en Santiago, foron os encargados de amosar o folclore e realizar actividades e demostracións musicais e de danza rumanas os días 13 e 20 de maio. E será agora a Comparsa ?Urumundo?, membros da Asociación Uruguayos por el Mundo de Vigo, a protagonista da segunda parte deste III ciclo que se levará a cabo os días 3 e 10 de xuño co mesmo horario da primeira parte. Centraranse no xénero musical afro-uruguayo ?candombe?, recoñecido pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-06-2011 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0