Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Rolda de Prensa e Miniconcerto na rúa de Davide Salvado |
|
 ROLDA DE PRENSA E MINICONCERTO NA RÚA
Davide Salvado
"Árnica pura"
Davide realizará un Show-Case na rúa peatonal de O Calvario (diante do Mercado)
O evento terá lugar as 13h. do día 9 de xuño.
Con este formato de convocatoria pretendemos captar a resposta do publico cando se mira sorprendido en plena rua polo arte e o cante de Davide Salvado,
Froito da carreira artística de Davide Salvado, sae hoxe á luz este traballo, a primeira compilación que o artista de Marín nos ofrece para disfrutar da sua selección musical maís persoal, dende o máis puro e tradicional de Galicia ao Bolero cubano.
Davide pretende alegrar o espíritu das persoas transmitindo a sua paixón natural pola beleza das cousas.
Árnica Pura recolle música pola supremacía estética e agasállanos minutos dunha das voces masculinas máis xovens e belas da nosa terra-
A producción artística é do cantor folclórico Eliseo Parra.
Davide Salvado é un artista integral, capaz de encher o escenario coa sua carismática presencia. Recolle a tradición máis espida e póñenola na fronte, sen aderezos superfluos, pero cunha coidada e persoal interpretación, a partir do repertorio tradicional galego, portugués e castelan, Davide presenta un espectáculo no que a sua voz enche de matices e dramatismo, sutil e potente, brilla e convence, enche e chega. Davide acompáñase con percusións tradicionáis, como a pandeireta galega, o pandeiro cuadrado de Peñaparda ou o adufe portugués, e como non podía ser doutro xeito por excelentes músicos.
Davide ten acompañado a Xosé Manuel Budiño por todo o mundo. É compoñente da Banda das Crechas, xunto a membros de Berrogüetto e a plana maior do folk galego. También formóu Eléctica Ensemble, con Ugia Pedreira de Marful. Ademáis, ten outras facetas artísticas coma a de actor e cantante como por exemplo na obra "As dunas" do Centro Dramático Galego e no Centro Galego de Arte Contemporânea, cunha performance en solitario.
Davide pouco a pouco vai sendo un segreto a voces (¡e qué voces!), como demostra o seu paso polos principáis festiváis dedicados á música de raíz e a recente saida ó mercado do seu primeiro traballo discográfico en solitario : "ARNICA PURA" coa dirección artística do mestre Eliseo Parra e producido por Xosé Chacón e Manolo Cruces. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|