Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación do novo disco de Riobó
Concerto de presentación de Riobó no Auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia en Vigo

Será o vindeiro mércores 8 de Xuño a partires das 20:30, no Auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia, cando Riobó presente por primeira vez, e na súa cidade, o seu novo traballo discográfico. Un traballo que baixo un mesmo título nomea a un grupo, un disco, e a unha das mellores violinistas folk do momento, Begoña Riobó. Un ?mapa da xeografía das emocións?, como ben di o escritor galego Francisco Castro, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe.
Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, presétase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto.
Acompañando a Begoña, en ?Riobó? atópanse catro recoñecidos músicos cunha sólida traxectoria, habituais nos principais proxectos musicais de Galicia. Son Fernando Barroso (Guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (Frautas e requinta).

Entradas xa á venda en Servinova



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2011 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0