A relación de grupos gañadores no XXIII Concurso de Música Tradicional da Asociación Xuvenil Xiradela é a seguinte:
CATEGORÍA A
‘Grupo D’ da A.F. Cántigas e agarimos
‘Arnelas de Agrocovo’ da Asociación Cultural Agrocovo de Esteiro
‘Rechouchíos’ da AC Osorio Gutierrez de Lourenza
Mellor vestiario: ‘Titiriteiras’ ACF Tarambainas
CATEGORÍA B
‘Cabaleiras do camiño’ do A.R.C.E “Pedras Miudas”
‘Medianas’ da Asociación Cultural Peis D’Hos
‘Follinas’ da Agrupación Folclórica Folliñas
‘Laretas’ da ACF Tarambainas
CATEGORÍA C
‘Gharabullos’ da ACF Tarambainas
‘As mozas do Hío’ da Asociación Cultural Peis D’Hos
‘Garruleiras’ da Asociación Cultural Donaire
‘Ar do Medio’ da AC Punteirolo
CATEGORÍA D
‘Meniñas’ da ACF Tarambainas
‘Do rivés’ da A.C. Carcaxía
‘Barrulleiras’ da A.F Santiaguiños de Boimorto
Mellor vestiario: ‘Pandereteiras Agrocovo’ da Asociación Cultural Agrocovo de Esteiro
Lembramos que a división das categorías faise en función da media de idade das persoas integrantes (ningún membro do grupo pode superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría):
Categoría A: ata os 10 anos
Categoría B: de 11 a 13 anos
Categoría C: de 14 a 17 anos
Categoría D: de 18 anos en diante
Os premios para cada categoría eran os seguintes, sumando no seu conxunto un total de 2.400 euros:
1º premio: trofeo e 300 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo e 100 €
Premio ao mellor vestiario en cada categoría: trofeo
Nesta ocasión o número de grupos inscritos é de 52, chegados de 26 asociacións das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra. Entre total houbo 386 persoas participantes.
Relación asociacións con grupos inscritos:
Asociación Cultural Donaire
Xacarandaina
EMUF
Asociación Cultural Agrocovo de Esteiro
A.F Santiaguiños de Boimorto
Agrupación Cultural Xeitura de Esteiro
A.C. Carcaxía
Asociación Cultural Nemeth
Asociación Cultural Peis D’Hos
A.F. Cántigas e agarimos
Amigos da Gaita de Ribadeo
Casa Cultural Artística e Deportiva de Areas
A.C. Abaladeiras de Muxía
C. Adro de Baio
A.C.F. O Fiadeiro
A.R.C.E “Pedras Miudas”
Universidade Popular de Corcubión
Escola de Música e Baile tradicional de Coirós
Asociación Cultural María Soliña
Agrupación Folclórica Folliñas
Ac Osorio Gutierrez de Lourenza
Escolas da Rúa de Vimianzo
ACF Tarambainas
Os Xeitosos de Trazo
Asociación Cultural Retranqueiros
A.C. Punteirolo
1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
2. Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.
3. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.
5. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de tres grupos.
6. Os premios serán os seguintes:
1o premio: trofeo e 300 €
2o premio: trofeo e 200 €
3o premio: trofeo e 100 €
Premio ao mellor vestiario en cada categoría: Trofeo
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que exceda o dito prazo quedará descualificado.
8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
- A súa dificultade.
- A afinación e a interpretación.
9. O concurso terá lugar o día 23 de abril de 2023 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas seránlles enviadas aos/ás inscritos/as cando se achegue a data do concurso.
10. As prazas en cada categoría iranse cubrindo por orde de inscrición.
11. A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X. Xiradela e nas redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado, 25 de marzo as 12:00 e remata o mércores, 12 de abril ás 24:00.
12. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
13. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
14. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores/as, e entregaranse os trofeos acadados o día 23 de abril de 2023.Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.
15. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
16. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes), ou no enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com
A AGG organiza o vindeiro sábado 23 de Novembro en Arcos, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, a actividade Tradición en Feminino, coa que queremos reivindicar o enorme e imprescindible papel que tivo e ten a muller para a preservación e transmisión da nosa riqueza cultural. Unha xornada lúdica onde compartiremos tradición tocando, cantando e bailando a través de obradoiros prácticos, unha charla e unha mesa de debate.
PROGRAMA:
10.15 - Apertura e entrega de documentación
10.30 - Obradoiro I
?Pandeirada en Liñares. Repertorio vocal acompañado de percusión de man nos anos 1993 e 1995?. Carme López
12.15 - Obradoiro II
?Fouleada en Arcos coas informantes?. José Codesido
14.15 ? Xantar
17.00 - Relatorio
?A pegada da violencia contra as mulleres nas cantigas da montaña?. Branca Villares
18.00 ? Mesa debate
?Mulleres e roles de xénero na transmisión oral?. Branca Villares, Carme López, Nuria Gesteira.
Modera Marina F. Vigo.
LUGAR: Casa da Cultura de Mazaricos (Castelao, 1 - A Picota)
DATA: Sábado 23 de novembro
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da, que disporán ata o martes día 19 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.
A organizafción do LII concurso de gaitas do país de Ponteareas, dado que ainda quedan prazas para cumprir co número máximo de 20 participantes, ten ampliado o prazo de inscrición ata o martes día 17 de setembro; deixando a realización do sorteo da orde para o día 18 de setembro.
Este Domingo tendes unha cita co baile e a musical galega!
Recordade, ás 11:00h da mañá, no Auditorio Mauel Dopazo en Bandeira! Ven e desfruta destes pedazo grupos que nos acompañarán!
Un ano máis a Asociación Cultural Xacarandaina comprácese en convidalo ao seu Concurso de Música Tradicional.
Esta edición terá lugar o día 19 de maio no Centro Cultural Ágora en horario de mañá e tarde, e dividirase en dúas modalidades:
PANDERETEIROS/AS
· GAITEIROS/AS SOLISTAS (ESPECIALIDADE EN TOQUE PECHADO)
Ao igual que nos últimos anos a modalidade de pandeireteiros/as estará dividida en catro categorías segundo a idade dos compoñentes, e a modalidade de gaiteiro/a solista será de categoría única sen límite de idade, sendo obrigatorio o uso do toque pechado nesta modalidade.
Por este medio, achegamos as bases e a folla de inscrición e vos indicamos que coma en anos anteriores podedes realizar a inscrición a través das seguintes vías:
· Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, R/ Historiador Vedía nº 3 soto 1º, 15004 A Coruña.
· Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.
· A través da nosa páxina web www.xacarandaina.gal
O prazo de inscrición remata o sábado 4 de maio.
Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico: 981 27 73 15 ? info@xacarandaina.com
Agardamos que sexa do voso interese e poder contar coa vosa participación.
O vindeiro día 26 de maio, no Auditorio do Teatro Afundación Vigo, terá lugar o VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés en horario de mañá e tarde dependendo da categoría.
O prazo de inscrición remata o día 1 de maio, e o único medio para facela é enviando a folla cuberta ao noso correo electrónico traspes@traspes.com, non demoredes moito en anotarvos.
Adxuntamos nesta entrada as bases e a folla de inscrición:
Bases VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés Descargar
Folla de inscrición VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés Descargar
PREMIADOS NO XXXVIII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA
CATEGORIA A (ata 10 anos)
1° Premio: "Papoula" da A.C Xacarandaina
2° Premio: "Fontaíña" da A.C Sta Maria de
3° Premio: "E" de Cantigas e Agarimos
CATEGORIA B (11-16 anos)
1° Premio: "A" da A.F Colexiata do Sar
2° Premio: "Os Batáns" da A.C Os Xeitosos de Trazo
3° Premio: "C" da O.C.T Ultreia
CATEGORIA C (máis de 16 anos)
1° Premio: "A" da A.C Armadanzas de Laraño
2° Premio: Grupo de Baile e Gaita Santaia de Sta Cruz
3° Premio: "A" de Asociacion Cultural Retranqueiros
- O premio ao MELLOR BAILADOR marchou para a A.F Colexiata do Sar e o premio á MELLOR BAILADORA recaeu no Grupo de baile Santaia de Santa Cruz.
Agradecer ao XURADO (Miguel Sotelo Vidal, Silva Moledo Martínez e Carlos Xosé Vidal Chans) a súa presencia, agarimo e bo facer. E agradecer tamén a tod@s @s bailaríns e bailarinas participantes, Agrupacións e público asistente a súa presencia no concurso.
1° Premio: Ismael García del Río
2° Premio: Laura López e Santi López
3° Premio: Xesús Rodríguez Callejón
CUARTETOS
1° Premio: Cuarteto Irmandiño da AC Trubisquiña
PANDEIRETA CATEGORIA A
1° Premio: Alborelle da AMDT Queiroa
2° Premio: Quintán da ANPA CEIP Mondego de Sada
3° Premio: Cinco Ferreñas da AMBT Vai de Roda
PANDEIRETA CATEGORIA B
1° Premio: Soaelleiriños, da A.C Soalleira
2° Premio: Os Batáns, da A.C Os Xeitosos de Trazo
3° Premio: As Xaviñanas, da Universidade Popular de Corcubión
PANDEIRETA CATEGORIA C
1° Premio: Titiriteiros, da A.C Tarambainas
2° Premio: Abaladeiras, da A.C Abaladeiras de Muxía
3° Premio: Lina e Lola, da A.C Peis d'Hos
PANDEIRETA CATEGORÍA D
1° Premio: Barallocas, da A.C O Amanexo
2° Premio: Debandoira, da A.C Os Xeitosos de Trazo
3° Premio: Argallo, da A.C Xacarandaina