Eu nunca serei yo |
|
Um caderno de trabalho de Séchu Sende
A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.
O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado. |
|

|
Contacto |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Toponímia exótica da Galiza |
|

Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo? Pode ela ser pequena en extensión; en fondura, en entidade é tan grande como queiras?
Vicente Risco
Roma?, Porvenza? Babilónia? Egipto?
Talvez sejamos o país do mundo com mais topónimos por metro cadrado e deveriamos estar no livro Guiness dos recordes, no capítulo das línguas, -como nom-, ao lado do holandés que fala 37 idiomas ou da palavra mais longa do mundo que, por certo, é um topónimo neozelandés: ?Taumatawhakatangihangakoauotamateturipukakapikimaungahoro-
Nukupokaiwhenua kitanatahu?, e vém significar ?O cumio do outeiro onde Tamatea, o home com os geonlhos grandes, conhecido como o devorador de terra, baixou, subiu e enguliu as montanhas, mentres tocava a frauta para a sua namorada."
A toponímia da Galiza é umha caixa de sorpresas. Os nomes dos lugares nesta parte do planeta podem explicar a nossa história, desde a colonizaçom pre-indoeuropea á romana, desde a invasom árabe á dominaçom espanhola, desde a prehistória até manhá mesmo.
Com a história da nossa toponímia ?deturpada até extremos paroxísticos?Meijide, Oterino, La Coruña, Niño de La Guia, Tierra Llana- podemos botar umhas gargalhadas ou deprimir-nos, dependendo do dia. Mais umha cousa é segura: nunca deixará de nos sorprender.
Com a intençom lúdica própria do coleccionista de curiosidades lingüísticas, fomos reunindo umhas dúcias de topónimos do mais curioso. Som nomes de lugares de todo o planeta que aparecem espalhados polo país. Lugares, parróquias, aldeias que se chamam como capitais orientais ou metrópoles europeias, como países africanos ou cidades americanas. De lugar em lugar, nuns poucos dias poderiamos dar a volta ao mundo sem saír da Galiza!
Sobre a origem de muitos nomes estranhos de lugares, o toponomista Gonzalo Navaza explicou: ?Canto máis peregrina é a explicación dun topónimo máis se difunde éste, e todo nome en orixe tivo un significado transparente.?
Aqui estám pois os topónimos internacionais da Galiza. Egipto ou Babilónia, a umha carreirinha de cao!!
E a quem passe da nossa língua ou a desprece, umha vez mais diremos-lhes: só podes conhecer os caminhos do mundo que nacem na Galiza se compartes o caminho das palavras. A língua é o nosso lugar comum. Na Galiza o idioma une todos os caminhos. Nom fiques fóra. Nom te perdas.
Boa viagem!
Portugal, em Coristanco
Roma, em Bárbadas, Ourense.
Bretonha, em Barro e na Pastoriza.
Loira, em Valdovinho.
Lens, em Ames.
Franza, em Mugardos e o Francés e o Franco, em Compostela.
Cans, em Porrinho.
Sao Milao, em Cualedro.
A Loira, em Fene e Marim.
Toscanha, em Maside, Ourense.
Porvenza, na Póvoa do Brolhom.
Nantes, en Sanxenxo e em Meanho.
Germanha, em Nigram.
Bronx, popularmente, o bárrio da Picota, em Redondela, e barriada tamém de Vilagarcia.
Ohío, em Cangas
Bichita -de Wichita- em Vigo e Ourense.
Montana, em Vigo, na parróquia de Alcabre.
Florida, em Teo.
Bos Aires, em Salvaterra do Minho.
Os Anxeles, em Brióm e Sam Mamede.
A Cuba, em Mondonhedo.
Gotam, entre Abadim e Monforte.
Manchúria, entre Castrelos e Sárdoma, Vigo.
Japom, em Chapela, Vigo.
Corea, um bárrio de Baiona.
Nirvana, Oleiros.
Egipto, em Boiro.
Belém, em Cervo e em Compostela.
Xudán, na Pontenova.
Ceilám, na Serra de Outes e negreira e Seilám, em Muras.
A Babilónia, no lugar de Liáns, em Oleiros.
A Casabranca, em Cospeito e Láncara.
Xava, no Bolo.
Sióm, em Cotobade.
Em Carvalho está Troiam.
Segóvia, no concelho do Corgo.
Astureses, em Boborás.
Bascos, em Monforte. Os Basquinhos, em Compostela
Bizcaia, em Sober, Lugo.
O Catalám, em Fene.
Arám, em Vilalba.
Triana, em San Miguel de Reinante.
A Castelhana, Zaragoza, o Espanhol, em Sam Cibrao de Lás, e o Escorial no Valadouro.
Leganitos, em Muras.
Alpuxarras, em Tominho.
Valhadolid, entre Touro e Arzua.
Galegos, em Frades.
Valença, em Coristanco e em Vila-Martim.
Portugalete, na aldeia de Sobrevinhas, Carvalhedo e Muros.
E para acabar, Bárrio Sésamo, em Culheredo e O Quinto Pino, em Arteixo.
......
Se conheces algum topónimo exótico mais, nom dubides em aporta-lo.
Obrigado!
.......
Foto: Leandro |
|
|
|
30 Comentário(s) |
|
1 |
En Oleiros,si, está Babilonia, pero non hai que an#blgtk08#dar moito para trascender e entrar xa en Nirvana. |
|
|
Comentário por fiona (04-09-2008 19:20) |
|
|
2 |
E Portugal en Coristanco. E Portugalete em Carballedo e Muros. E Os Basquinhos e O Franco em Compost#blgtk08#ela. E O Español en San Cibrán de Lás. E Galegos, Céltigos, Suevos, Castelaus, Toldaos, Cumbraos... |
|
|
Comentário por Calidonia (04-09-2008 19:32) |
|
|
3 |
Portugalete na miña aldea, Sobreviñas; x#blgtk08#a de por si un nome ben bonito.
|
|
|
Comentário por jose millares (04-09-2008 20:17) |
|
|
4 |
ARTES, en Ribeira e en Carballo.
VALEN#blgtk08#ZA, en Coristanco.
GALEGOS, en Frades. |
|
|
Comentário por deposito (04-09-2008 20:43) |
|
|
5 |
E O Francés em Compostela, #blgtk08#e a Valenzá en Barbadás... |
|
|
Comentário por Calidonia (04-09-2008 21:22) |
|
|
6 |
up#blgtk08#a! |
|
|
Comentário por madeingaliza (05-09-2008 00:26) |
|
|
7 |
Valhadolid, entre Touro e Arzua.#blgtk08#r />
grazanhas, Don Pepe! |
|
|
Comentário por madeingaliza (05-09-2008 09:01) |
|
|
8 |
Hai unha Manchuria entre Castrelos e Sárdoma, Vigo. Fundouse cando a guerra de Manchuria entre Xaponeses, Chineses e Rusos. #blgtk08#
E son de sobra coñecidas as wichita de Vigo e Ourense que recollen o nome da serie dos 70 "Wichita, la ciudad sin ley". |
|
|
Comentário por Turonio (05-09-2008 13:52) |
|
|
9 |
En Negreira hai #blgtk08#un Ceilán tamén |
|
|
Comentário por mer (10-09-2008 16:18) |
|
|
10 |
estava na lista porque recordava que quando fora daquel curso em Negreira hai anos alguém vivia a#blgtk08#ló, mas nom estava seguro e nom dei com el por muito que busquei.
graças, mer, outra ves! |
|
|
Comentário por madeingaliza (10-09-2008 18:54) |
|
|
11 |
proponho fazer um listado de topónimos convertíve#blgtk08#is em antropónimos. eu já comecei, pasarei dados. |
|
|
Comentário por ernesto (23-09-2008 18:10) |
|
|
12 |
aí vai umha actualizaçom com as vossas aportaçons e a#blgtk08#lgumha mais.
hai mais?
|
|
|
Comentário por madeingaliza (28-10-2008 13:26) |
|
|
13 |
Japom esta en Chapela nom en Teis. #blgtk08#Ao Deus (si existira) o que de Deus |
|
|
Comentário por Fon (28-10-2008 18:35) |
|
|
14 |
arigato#blgtk08#, fon! |
|
|
Comentário por madeingaliza (28-10-2008 18:37) |
|
|
|
|
16 |
non é Boston, é Gotan, como a cidade de batman, rio e ald#blgtk08#eia entre Abadín e Monforte, teran home morcegho por alí? |
|
|
Comentário por quico (29-10-2008 09:18) |
|
|
17 |
En Vilagarcía tamén hai un barrio que#blgtk08# lle chaman o Bronx... por que será? |
|
|
Comentário por Edu (01-11-2008 01:47) |
|
|
18 |
Se non coñeces a aldea de Lens, en Ames, pásate por ela cando esteas preto.
É unha aldea pequena pero fermosa, casas restauradas con bastante xeito, camiños da aldea que pasan por debaixo de parras privadas.
#blgtk08#r />
Moi chulo.
Vas a Pontemaceira, pasa a carón da ponte romana e tiras cara a Tapia, en un par de km. estás.
Eu penso que pasarei este próximo finde no Courel, xa verei por onde.
Bico |
|
|
Comentário por mer (03-11-2008 18:48) |
|
|
19 |
Acabo de atopar unha parroquia que se #blgtk08#chama Segovia, no concello do Corgo... |
|
|
Comentário por Costureira (10-11-2008 17:49) |
|
|
20 |
pois aí vai#blgtk08#!
;) |
|
|
Comentário por madeingaliza (10-11-2008 22:01) |
|
|
21 |
tamen hai varios lugares que se chaman Penis. Agora recordo un en Vigo e o#blgtk08#utro en Ferrol. Ademais non son O Penis senón A Penis.
De que virá? |
|
|
Comentário por (20-03-2009 19:54) |
|
|
22 |
óbuataisí ghránna), ach má tá tú ag lorg ar le bheith freagrach as, nó a bhuíochas leis anionradh de na Stáit#blgtk08# Aontaithe, ansin, a mheas hAstráile surfer Brian Smith, an chuideachta bróg UggAustralia bhunaigh sé i 1978. |
|
|
Comentário por UGG Ireland (05-11-2012 13:52) |
|
|
23 |
Portugalete, lugar à beira da ponte de entrada à vila de Ponte Cald#blgtk08#elas, seguindo o velho caminho real de Riba d'Avia até Ponte Vedra |
|
|
Comentário por Eco de Ponte Caldelas (03-12-2012 01:26) |
|
|
24 |
revisjonsprosessen. Ikke strengt kontrollere "high Yu#blgtk08#eer sertifisering informasjon. Med direkte ledelse av |
|
|
Comentário por Mulberry Vesker (04-12-2012 02:40) |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Deixa o teu comentário |
|
|
|
|