Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Lelías ao teu ouvido
O pumariño da noite quer froitificar estrelas.
O tanger desta cantiga é o sinal para acendelas?
-ai, meu amor!-
? é o sinal para alcendelas.

Agárdanos na ribeira, sob o descordo do mar,
no seo dos cons, o leito de herbiñas de namorar?
-ai, meu amor!-
? de herbiñas de namorar.

As nove ondas do ensono espreitan co seu engado
pra enguedellar a toleira de ista noite de noivado.
-ai, meu amor!-
? de ista noite de noivado.

Eisí ao fontegal da espranza, antes de que saia o día
iremos enguedellados catar a fror da auga fría?
-ai, meu amor!-
? catar a fror da auga fría.

Ao alén! que no pumariño madurecen os luceiros,
nosos dous corazóns beilan tolos nos ledos turreiros,
ai, meu amor!

no labradío das ondas albea a fror do luar
lámpada para o teu leito de herbiñas de namorar.
ai, meu amor!

si algún malfado nos fire, ajotaremos o mal
a bicos, ou caramiña de un virge caramiñal?
-ai, meu amor!- ?
de un virge caramiñal.

Fermín Bouza-Brey, Nao senlleira, 1933

Bouza-Brey, Fermín, 1980, Obra literaria completa, Santiago: Edicións do Cerne

Comentarios (1) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Fermín Bouza-Brey - Publicado o 24-04-2011 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Sou brasileiro e admirador da lingua e da literatura de Galicia, inclusive xa escribin poemas en galego. Teño o D.G.L., mas non encontro algunhas palabras usadas por determinados poetas galegos.
Peço que me ajuden a traduzir estas pal#blgtk08#abras que están no poema "Lelías ao teu ouvido", de Fermín Bouza-Brey:
Lelía -
descordo -
eisí -
beilan -
caramiña -
caramiñal

Moitas gracias, muito obrigado.
Luciano Maia
Comentario por luciano Maia (05-04-2012 18:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0