Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Ex libris gallaeciae. Dos libros de Galicia
Códice Calixtino
"Ex libris gallaeciae. Dos libros de Galicia" é o nome dunha exposición comisariada por Xosé Ramón Barreiro e por Xosé Luís Axeitos, que estará ata o 14 de febreiro no arquivo da Cidade da Cultura, e que ofrece un percorrido pola construción da cultura galega a través de oitenta e tres xoias bibliográficas.

A mostra reúne 83 libros, códices ou manuscritos considerados clave na construción da cultura galega e que van desde os primeiros textos romanos que comezan a definir un territorio co nome de Gallaecia ata o primeiro libro electrónico en galego.

Unha das cinco únicas versións completas que se conservan no mundo do Códice Calixtino ou o primeiro documento escrito en galego que se coñece, o ?Foro do Bo Burgo de Castro Caldelas? (ano 1228) prestado pola Casa de Alba, serán algúns dos tesouros bibliográficos que se poderán ver nesta exposición.

Ao igual que o primeiro libro impreso que chegou a Galicia, Decretales Gregorii Papae Maguncia IX, o primeiro libro impreso en Galicia, Breviarium Auriensis, o primeiro mapa do Reino de Galicia ou o libro impreso en galego máis antigo que se conserva, Proezas de Galicia, tampouco podían faltar nesta exposición os principais nomes da nosa literatura (Sarmiento, Rosalía de Castro, Castelao, Manuel Antonio...).

Mais tamén os grandes científicos galegos ocupan un espazo destacado nesta mostra, que ofrece unha escolma dos tratados científicos galegos que ao longo dos séculos acadaron unha maior sona internacional.


Máis información.


Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 01-12-2010 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0