Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

A Rosalía (1ª versión)

I
D'o mar pol-a orela
Mireina pasar,
N-a frente unha estrela,
N-o bico un cantar.
E vin-a tan sola
N-a noite sin fin,
Qu'inda recei pol-a probe da tola
Eu, que non teño quen rece por min!

II
A Musa d'os pobos
Que vin pasar eu,
Comesta d'os lobos,
Comesta morreu?
Os ósos son d'ela
Que vades gardar.
¡Ai, d'os que levan n-a frente unha estrela!
¡Ai, d'os que levan n-o bico un cantar!

Versión publicada en La Patria Gallega (1891) con motivo do traslado dos restos de Rosalí de Castro do cemiterio de Adina a Santo Domingos de Bonaval en Santiago


"Nin lápida nin cruz na súa tumba, cando menos a dous meses do seu enterro no cemiterio de Adina. A mobilización de desagravio comezou cedo en La Habana canalizada pola Asociación Rexionalista en 1891: o traslado dos seus restos da Adina a San Domingos de Bonaval."

Fonte: Francisco Rodríguez, Actas do Congreso internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo.
Comentarios (0) - Categoría: 032. M. Curros Enríquez - Publicado o 01-12-2010 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0