Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

From A to X, no antigo cárcere provincial da Coruña


A partir da novela de John Berger From A to X, na que unha muller escribe cartas ao seu home preso polas súas ideas, Isabel Coixet crea a instalación FROM I TO J, unha exposición-homenaxe ao escritor inglés que se puido ver en Barcelona e Madrid e agora podemos vivir con maior intensidade, como a propia Coixet destacaba na inauguración, no antigo cárcere da Coruña ata o 11 de xullo, pois aproveita o ambiente claustrofóbico da que foi prisión provincial da Coruña para recrear a soidade e a angustia do preso a quen van dirixidas as cartas que escoitamos ao entrar en cada unha das celas.

Isabel Coixet concedeulle un lugar de honra ás cartas manuscritas de despedida dalgúns dos presos represaliados durante a guerra civil, especialmente seleccionadas para a exposición na Coruña, proporcionándolle un realismo arrepiante a esta instalación, baseada como dixemos nun texto literario, pero que á súa vez quere recrear e recuperar a memoria de todas as persoas que se ven privadas da súa liberdade polas súas ideas e, nesta ocasión ademais, dos centos de inocentes que ateigaron o cárcere da Coruña con motivo do golpe de estado de Franco.


Fonte: Arquivos do Trasno


Comentarios (0) - Categoría: 050. Memoria histórica - Publicado o 20-06-2010 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0