Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

A literatura galega na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña
O último canto está na lista  deThe White Ravens 2010
Un total de 17 editoriais galegas levaron o mellor dos seus catálogos á edición 2010 da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña: Kalandraka, Everest Galicia, Rodeira, Baía, OQO, A Nosa Terra, Edicións Xerais, Nova Galicia, El Patito Editorial, Sotelo Blanco, Tambre, Biblos Clube de Lectores, Obradoiro?Santillana, Galaxia, Primera Persona, Toxosoutos e Xerme.

Cun stand propio fornecido pola Dirección Xeral de Difusión e Promoción da Cultura, da Xunta de Galicia, amosaron as súas novidades editoriais e impulsaron a proxección da obra dos escritores e ilustradores galegos na que pasa por ser unha das citas de referencia que ao longo do ano se producen na escena editorial mundial.

Ademais, entre outros actos, presentouse tamén a 32 edición do Congreso da International Board on Books for Young People (IBBY), que entre o 8 e o 12 de setembro terá lugar en Santiago de Compostela.

Por outra banda, a Internationale Jugendbibliothek de Múnic presentou a súa exposición dos libros que en 2010 obtiveron a distinción The White Ravens, prestixiosa selección dos mellores libros infantís do mundo. Entre eles está O último canto. Unha obra de Pablo Albo e Miguel Ángel Díez e que, segundo a editora OQO, "enfronta dun xeito entrañábel e natural a morte, un concepto difícil de comprender para os nenos e de explicar para os adultos".


Máis información en Vieiros (25/03/2010)


Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 20-06-2010 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0