Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Na clase
"Cada longo día do Maio ten infindos espacios de tempo pra os rapaces do Instituto. A cada hora esculcan novos horizontes e novas dores nas seráns queimadas polo sol, no balbordo cidadán das rúas cando se acenden as luces. Ollan novas cousas nos pais, nas amigas dos irmáns, nas compañeiras, nos amigos. Soio o sonido das leccións dá un pouquiño de unidade a iste vivir neboento afundido nas ondas vitales dun mundo novo.
A maior parte destes rapaces son galegos. Todos saben, inda que non todos a falen, a súa lingua. Diante iles penso na terra, na ridente ribeira frolecida, na basta montaña escondida polos termos do horizonte. Dentro de tres, catro anos, cada un collerá o seu camiño. Diste fato de trinta e tantos estudiantes sairán moitos comerciantes, algúns funcionarios, algunhas maestras, quizais ningún labrego. ¿Cantos deles serán perdidos para a terra? ¿Cantos mimarán e acougarán a noble dirección dun vivir galego, consciente da función da Galiza no mundo??


Ramón Otero Pedrayo, 1927

OTERO PEDRAYO, Ramón: ?Na clase?, in A Nosa Terra, nº 236, 1927


Comentarios (0) - Categoría: 046. Nós - Publicado o 08-04-2010 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0