Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Axitación en Oseira (1909)
Mosteiro de Oseira

Nos últimos días de abril de 1909 acontecen os graves enfrontamentos en Oseira, que deixan un balanzo de 9 labregos mortos e 27 feridos por disparos da Garda Civil, entre eles numerosas mulleres, nenos e anciáns. Estes sucesos comprometían ao bispo de Ourense, Illundain, que foi quen solicitou a presenza da forza pública. O 9 de maio faise unha mobilización en Ourense, en solidariedade cos veciños de Oseira, e son apedrados o pazo episcopal, o circulo obreiro católico, a residencia dos maristas, así como o periódico ?Eco de Orense? que dá arroupe á postura do bispo. Pra controlar está protesta do pobo foron trasladados á cidade todos os gardas civís de infantería da provincia, así como efectivos da montada de Vigo e A Coruña. Dez días despois dos acontecementos aínda había un forte retén da garda civil tanto no Goberno Civil como no edificio do Concello.

O conflito encetou por unhas reformas no Mosteiro de Oseira decidida polo Bispo. Os veciños protexían a preservación do patrimonio parroquial, e a defensa de dereitos comunais. Os xornais católicos converten a protesta espontánea nun acto relacionado con escuros intereses políticos, porén recoñecen os motivos da xenreira dos labregos contra o bispo e o gobernador civil.


Máis información en Axitación en Oseira Xornal de Galicia (11/08/2009)


Comentarios (0) - Categoría: 041. Inicios do XX. Agrarismo - Publicado o 02-12-2009 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0