Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Non hai no mundo ser tan desolado. Manuel María
Non hai no mundo ser tan desolado,
criatura máis ferida e pesarosa:
compañeiro da rosa ruborosa
e solidario irmao do desgraciado.

Eu nacín nunha casa moi fermosa
e, nela, deixei o meu pasado,
o tempo da nenez, o soño ousado
e a miña adolescencia tormentosa.

A claridade volvéuseme foscor
malia vivir en min o grande encanto
da casa petrucial que quero tanto.

Eu son, amiga, feliz co teu amor
e co gozo sinxelo deste canto
que purifica e sublima a miña dor.


Manuel María, Sonetos á casa de Hortas 1997


Versión musicada do poema por Uxía Senlle:



Video promocional de ANDANDO A TERRA. UXÍA CANTA A MANUEL MARÍA. Publicación conxunta co libro Os lonxes do solpor, obra inédita de Manuel María e o dvd De amor e cantería, premio Mellor obra experimental Mestre Mateo 2011 sobre poemas de Sonetos á casa de Hortas.


Comentarios (0) - Categoría: 061. Máis poetas dos 50 - Publicado o 20-10-2013 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0