Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Cando eu era rapaz



I

CANDO EU ERA RAPAZ chegou Ramón Carballo; viña con chaqueta de tarazona forrada de baeta vemella e unha gorra con visera de carei, como veñen os que van a navegar. Tamén traía o peito tatuado, que ben lle mirei eu un paxaro cunha carta no peteiro e o seu nome debaixo.

Lémbrome que Ramón Carballo foi a Bos Aires e volveu sen cartos. Logo foi á Habana e non trouxo diñeiro. Despois foi a New York e volveu tan probe corno fora. Ramón Carballo aínda foi a non se sabe ónde e non volveu máis.

II

Eiquí compría escribir unha novela; pero eu son horne de ben e non debo conta-lo que non sei. Pero novela haina.

III

M. Lavalet gana o seu pan vendendo restos humáns. M. Lavalet é un home arrepiante: ollos roxos de vidro, cabelos mortos de peluca vella, regos secos de suor luxado na testa, friaxe de éter nas mans e nos beizos a sustancia de moitos venenos.

Iste home vive no terceiro piso dunha rúa estreita de París.

Un día chamei cos cotelos á porta i entrei? Unha sala chea de ósos humáns, algúns aínda frescos, compoñía o ?comercio ? para médicos. Na sala de ?curiosités?, para cosmopolitas, había moitas cousas: un feto momificado ollándose o embigo, unha caveira de gorila coa súa cresta de casco guerreiro, a pelexa da cabeza dun chino para sere colocada nunha armadura de escaiola.

Cando M. Lavalet soupo que eu era pintor amostroume unha gran coleición de coiros humáns tatuados e curtidos para facer petacas, carteiras?

Un dos coíros era do peito dun home, representando un paxaro cunha carta no peteiro e debaixo do deseño campaba iste nome: Ramón Carballo.


Castelao, Cousas, 1926


Comentarios (0) - Categoría: 047. Castelao - Publicado o 15-12-2012 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0