Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Cántiga
No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdéns dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
«Xa no mundo non teño a ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben».

Os seus ecos de malenconía
camiñaban na alas do vento,
i o lamento
repetía:
«Vou morrer e non ven ó meu ben!»

Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América
vai o probe, infelís amador.

I ó mirar as xentís anduriñas
cara a terra que deixa cruzar:
«Quen pudera dar volta _pensaba_,
quen pudera convosco voar!?»

Mais as aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
sólo os ventos
repetían:
«¡Quen pudera convosco voar!»

Noites craras, de aromas e lúa,
desde entón ¡que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!?

Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou sólo, de bágoas a proba,
unha cova
nun outeiro
i on cadavre no fondo do mar.

Curros Enríquez, Manuel (1992): Poesía galega completa. (Vigo: Ed. Galaxia)


"Unha noite na eira do trigo" é o título da versión musicada por Xoán Montes do poema "Cántiga" de Curros.

Eis a versión dos Tamara na voz de Pucho Boedo (1991):




Aquí podemos escoitalo na voz de Uxía (2008):




Outras versións musicadas en SON DE POETAS

Comentarios (0) - Categoría: 032. M. Curros Enríquez - Publicado o 22-06-2012 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0