hai
paisaxes coma coitelas no lugar
evitan que saiamos desta illa.
son as agullas no interior dos brazos coas que nos ameazan,
o superoito caseiro que repiten sen descanso nas salas de proxección da capital.
e todas as imaxes son sempre fermosas.
aquí ninguén lembra que foi peor.
de modo que é difícil escribir dende as paraxes áridas,
as árbores escasean, as mareas morden, todo se complica.
hai días en que, simplemente,
é imposible pensar en fuxir.
María Lado, 2008,
Nove, A Estrada: Edicións Fervenza