Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Estes son os lugares onde as mulleres. María Reimóndez


V

Estes son os lugares onde as mulleres
dilapidamo-los soldos
dos nosos maridos,
onde segundo as películas de holibud
nos curamos da depresión
cunha tarxeta de crédito
e onde as poucas emancipadas
desatan o seu afán consumista
como se fose unha nova estratexia de poder.
E ante todo isto
eu pregúntome
se realmente os soldos son dos nosos maridos,
se a depresión non nola provocará a tarxeta de crédito
e se o afán consumista non será o cume da antiemancipación.
Nesa masa humana
derrúbanse tódalas crenzas
polos espacios que quedan
entre tantas capas de poder.



COLECCIÓN DE PRIMAVERA VERÁN. PREÁMBULO

María Reimóndez, 2002, Moda galega, Santiago: Edicións Positivas


Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 14-07-2011 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0