Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Camelias: Cindarella. María Reimóndez

Camelias: Cindarella

A miña mirada divídese
Entre a noite da cabaza
E a cabaza do día a día.
Cindarella. Cinsenta.
O escaparate ten
unha harmonía perfecta.
Dun lado o traxe
que ás doce
se trocará
no da esquerda.
O traxe do rescate,
desa eterna espera
polo príncipe
agora anovado
en loiros, rubios e morenos
de publicidade.
Dúbidas filosóficas da miña infancia:
¿Por que as boas sempre son guapas?
¿Por que nunca mandou ás irmás toma-lo aire?
¿Por que as madrastas son todas malas?
¿Por que o feitizo só dura ata as doce?
¿Como é que o zapato só lle servía a ela?
¿Como se pode perder un zapato por unhas escaleiras?
¿Por que o príncipe só se fixa nela cando vai disfrazada?
E, a fin de contas,
¿quen quere un príncipe como recompensa?
O mellor foi o meu abraio
ó le-la versión dos Grimm
cos pés cortados e paxaros detectores de sangue,
¿e todo iso por un príncipe calquera?
¡Como nos pesa
a boa da Cinsenta,
centos de anos
enfocados cara á percura
do príncipe azul!
Tantas de nós atrapadas
e eu en loita coas miñas ganas
de utiliza-lo vestido de noite
para andar por casa
e deixar que o príncipe
faga terapia
da síndrome
de rescatador frustrado.
Uf,
custoume o meu traballo
e un vestido de veludo azul
de mil pesetas
xenial para limpar.
A el non sei cómo lle irá.


COLECCIÓN DE OUTONO INVERNO. AS RÚAS II

María Reimóndez, 2002, Moda galega, Santiago: Edicións Positivas


Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 14-07-2011 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0