Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Centro comercial Camelias: Zara. María Reimóndez


Centro comercial Camelias: Zara

E por último aquí está.
O modelo da industria
de mulleres
en cadea.
Un modelo de producción
sumamente rendible
para a economía do páis.
Mágoa que se axuste tan pouco
ó producto autóctono
de carnes tradicionalmente alimentadas
con botelos, touciños e lacón.
A revolución industrial.
As mulleres de talle 36
embutidas no que antes
utilizariamos
para facer uns bos chourizos.
Todas iguais.
Unha por unha.
Unha producción ilimitada
nun mercado mutilador.
Se cadra agora haberá que xustificar
que se segue sendo humana
mesmo se non se cabe
na roupa de Zara.



COLECCIÓN DE PRIMAVERA VERÁN. AS RÚAS I

María Reimóndez, 2002, Moda galega, Santiago: Edicións Positivas


Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 14-07-2011 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0