Hai 150 anos, o 2 de xullo de 1861, celebrábase o primeiro certame poético en galego contemporáneo.
Nos Xogos Florais da Coruña, patrocinados por Pascual López Cortón e organizados por
Xoana de Vega e por
Benito Vicetto co obxectivo de promover os valores literarios galegos, premiouse o poema de
Francisco Añón ?A Galicia?, composto en galego. Toda unha aposta por un idioma que moitos daquela consideraban pouco acaído para as sutilezas da poesía e, en xeral, da alta cultura.
Fragmento do poema premiado:
Ai esperta, adorada Galicia,
dese sono en que estás debruzada;
do teu rico porvir a alborada
polo Ceo enxergándose vay.
Conmemoración do 150 aniversario dos Xogos Florais da Coruña, inicio do Rexurdimento literario da lingua galega
A Coruña: Unha estrela no ceo de Galicia, acto conmemorativo do 150 aniversario dos Xogos Florais de 1861