Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Galicia Hoxe


O peche de Galicia Hoxe é o enésimo fracaso colectivo do proxecto de Galicia como nación cidadá. O ecosistema da lectura en galego, esa arboriña que agarimamos dende hai máis de cento cincuenta anos, perde outro dos seus froitos máis preciosos. Inevitablemente, dende hoxe todo este ecosistema e toda a súa biodiversidade quedará moi danado; sen esquecer que despois de ter desaparecida xa toda a prensa impresa en galego, os perigos que corremos outros sectores do tecido empresarial da lectura en galego son moi considerables. Sabemos que traballamos á intemperie, nas condicións máis adversas dos últimos trinta anos; como sabemos, tamén, que para facer viables os nosos proxectos só contamos coa intelixencia, esforzo e teimosía dos cadro de profesionais de cada unha das empresas e coa forza e apoio que nos achegan os lectores e lectoras. No marco da fraxilidade provocada pola profunda mudanza do paradigma da comunicación informativa e cultural, non hai outro camiño para soster os medios de lectura en galego que esta corresponsabilidade entre profesionais e lectores. O futuro da nación, da cultura e da lingua dependerá de nós, do esforzo e do compromiso de cada un dos milleiros e milleiros de galeguistas dispostos a non desistir no seu afán. Sinálao certeiramente Caetano Díaz no peche do seu afouto artigo de despedida: "é tempo de silencio".

Fonte: Brétemas


Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 03-07-2011 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0