O Movemento Sinfónico Nº1 Pacific 231 foi composto por Arthur Honegger en 1923 imitando o son dunha locomotora de vapor e é unha das súas obras máis interpretadas e unha das máis representativas da vangarda musical do século XX.
Catro versións coreográficas do ballet "A consagración da primavera", o terceiro dos ballets compostos por Igor Stravinsky por encargo do empresario Sergei Diaghilev para a súa compañía Ballets Russos de París.
Na súa estrea en 1913 producíronse disturbios, pero o seu impacto foi tal que na actualidade é considerada unha das obras máis revolucionarias da música clásica, polas súas innovacións en harmonía, estrutura rítmica e timbre, así como unha das máis trascendentes pola súa pegada decisiva nos compositores posteriores.
Cadáver exquisito de Tzara, Hugo, Knutsen e Breton.
O cadáver exquisito é o resultado dunha técnica usada polos surrealistas por medio da cal se ensamblan colectivamente palabras ou imaxes.
A técnica chámase "cadáver exquisito" porque cando os surrealistas a probaron por primeira vez obtiveron o seguinte verso: "O cadáver exquisito beberá o viño novo".
Román Landín e Sonia Ces García ilustraron as bases do Concurso de Poesía Visual Uxío Novoneyra 2010 do IES de Porto do Son con esta compilación de caligramas e colaxes, na que, ademais dos caligramas máis coñecidos, tamén podemos ver algúns exemplos máis orixinais e outros creados en centros de ensino: Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son