Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

As vangardas galegas
Presentación de Lourenzo sobre as vangardas en Galicia que podemos ver en liña, aínda que é aconsellable descargala no computador para o seu mellor aproveitamento, pois conta cuns efectos que non nos permiten vela correctamente a través do slideshare.

Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia - Publicado o 24-04-2011 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Neotrobadores de hoxe
Nos anos 80 foron varios os autores que transitaron pola tradición literaria do Neotrobadorismo como o Colectivo Ronseltz ou Antón Reixa.

Neotrovadorismo (I)
Os espárragos son diuréticos
E ti es o amor da miña vida
E ti es o amor da miña vida


Neotrovadorismo (II)
(Cantiga de amigo, escarnio e maldicir)

Antes eras un colega
pero agora
me cago en tu puta madre
me cago en tu puta madre


Neotrovadorismo (IV)
Ondas do mar de Vigo
se vistes meu amigo:
que marchei.


Colectivo Ronseltz, Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994).

Contrabando de amigo (Fragmento)

Sentada estou na illa de San Simón
esperando, meu amigo, ai, que volvas do Gran Sol
e pola ponte de Rande van e veñen sen parar
moitos coches, meu amigo, que non veñen do Gran Sol.

Mentiches meu amigo, mentiches meu amor
mentira meu amigo, ti non fuches ó Gran sol
contrabando de tabaco e de drogas de drogar
amor de batea o que ti me queres dar.


Antón Reixa, viva galicia beibe (1994).

Este poema de Reixa foi composto para o disco Ondas do mar de Vigo (1989), de Na Lúa.


E do mesmo xeito cós poetas dos 80 e os 90, a rapazada bótase a trobar en canto pode. Como exemplo unhas Cantigas novas de amigo elaboradas polo alumnado de 3º de ESO do IES As Lagoas (Ourense) da man da profesora Celia Díaz no curso 2006-2007.


Fonte: Cantigas de hoxe no blog Caderno de Lingua de Román Landín


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia - Publicado o 07-02-2010 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
Neotrobadorismo
A descuberta nas primeiras décadas do século XX das cantigas medievais galego-portuguesas, deu orixe, ao redor de 1930, á corrente coñecida como Neotrobadorismo.

Esta corrente supón unha relectura da lírica medieval galego-portuguesa, utilizando os recursos estilísticos e temáticos propios dos trobadores.

Aínda que o Neotrobadorismo se sitúa normalmente entre os movementos de vangarda, son moitos os estudosos que nos advirten de que non todos os textos neotrobadorescos se poden considerar deste xeito.

O fundador do Neotrobadorismo foi Fermín Bouza Brey (Nao senlleira publicado en 1933 e Seitura en 1955), mais houbo outros moitos autores neotrobadorescos, entre os que destacan Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama ribeira publicada en 1933 e Dona do corpo delgado en 1950) e Xosé Mª Álvarez Blázquez (Cancioneiro de Monfero publicado en 1953).


Neotrobadorismo no blog As Vangardas.

Neotrobadorismo na Galipedia.

Relatorio de María Teresa López: A fontana viva. Cancioneiros, cantigas e 'neotrobadores' na Galiza contemporánea.


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia - Publicado o 07-02-2010 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
As vangardas
Blog de Pilar Ponte
Unidade didáctica da
profesora Pilar Ponte:

As vangardas (As vangardas poéticas galegas do primeiro terzo do século XX)





Este vídeo con fotografías de personaxes e obras famosas das vangardas ten como fío condutor o manifesto "¡Máis alá!" e serve de presentación á interesantísima e completísima unidade didáctica sobre as vangardas que Pilar Ponte, a profa, nos ofrece no seu blog As vangardas (As vangardas poéticas galegas do primeiro terzo do século XX), creado para albergar a unidade do mesmo nome e que coñecemos grazas a Román Landín.


Comentarios (2) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia - Publicado o 09-12-2009 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0