Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

No bicarelo do bico do brelo
NO bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.

(A Branca-Petra do Courel)

Uxio Novoneyra, 1981, Os Eidos, Vigo: Xerais




Música: Na Virada, Rolada das cantigas (2002)
Compositor da peza, Xico de Carinho; voz, María Xosé López

Fonte: www.uxionovoneyra.com

Tamén se pode escoitar cantado por Uxía no blog Son de poetas


Comentarios (0) - Categoría: 060. Xeración dos 50. Novoneyra - Publicado o 09-05-2010 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Fiandeira namorada
FIANDEIRA namorada
que fías detralo lume
cos ollos postos nas chamas
roxiñas brancas i azules.

Fiandieriña que fías
nas noites do longo inverno
as liñas máis delgadiñas
que o fío do pensamento.

Cai a neve branca fóra
riba dos teitos calada
mentras ti fías e soñas
nunha cousiña lonxana...

Uxío Novoneyra, Os Eidos. Libro do Courel, 1981


Xabier Díaz compuxo unha preciosísima canción na que estes versos de Uxío aparecen mesturados e confundidos con outros de tradición popular, podémola escoitar en Son de Poetas


Comentarios (0) - Categoría: 060. Xeración dos 50. Novoneyra - Publicado o 09-05-2010 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Uxío Novoneyra e o pazo de Tor


UXÍO NOVONEYRA NO CUARTO DE CONVIDADOS NO PAZO DE TOR.

Neste vídeo escóitase a Novoneyra recitar o poema "Galicia teima vida / Poema Mundo Laxeiro", escrito en 1971.


Fonte: www.uxionovoneyra.com
Comentarios (0) - Categoría: 060. Xeración dos 50. Novoneyra - Publicado o 08-05-2010 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Letanía de Galicia


GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastr?os que calan din GALICIA
e saben sabemos

GALICIA da door chora á forza
GALICIA da tristura triste á forza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA tapeada xorda á forza
GALICIA atrelada queda á forza

libre pra servir libre pra servir
libre pra non ser libre pra non ser
libre pra morrer libre pra morrer
libre pra fuxir libre pra fuxir

GALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obreira GALICIA nosa
GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda


recóllote da TERRA estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n?il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa



recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou a malla d?argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa

Uxío Novoneyra
Comentarios (0) - Categoría: 060. Xeración dos 50. Novoneyra - Publicado o 08-05-2010 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Vietnam canto

Tras un ataque aéreo con nepalm.
Vietnam (8/06/1972)




CUMES CUMES CUMES COM?ESTES ECHEN
UNHA VEZ POR CADA MORTE

VIETNAMMMMMMMMMM
VIETNAMMMMMMVIETNAMMMMMMMMMM
VIETNAMMMMMMMMMM

metan na casa a verba na cociña na mesa na cama xa está
e calar calarcalaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaarrr
hastr?o berro que te acusa USAUSAUSAUSAUSAUSAUSA

un
morto
dous mortos
tres / trinta mortos
trescentos / tres mil mortos
OFENSIVA DO TEIT 22000 / 100000 mortos
tódalas os se volven ceros 00000000000000000000
baixo de cada un 10 / 100 / 1000 / 10000 mortos á máquina
difuntiños que a noite acolle entre cañas baixo o torbón
do monzón
na lua do TEIT

dá vergonza vivir
dá vergonza estar vivo e ver a PRIMAVERA



cándo remata un pobo?
un pobo nace sempre
non remata nuncanuncanuncanuncanuncanuncanunca

seino por vós
pobo como o meu
GALICIA pequeniña
sola cousa de todos

mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos caindo polos teletipos
lúas de LI PO afondadas pra que a lus seña a A de
LIBERTÁAAAAAAAAAAAAAAAAAA

ouh cánto teño de vós pequeno que son de esta paz morta

noitenoite
partir esta n / o / i / t / e en anacos
que en cada un só quepia un home
en


entran nas cidades do SUL ESTE lonxe
e xa todas son a aldeiña dó lado
HUE SAIGON DANANG
con irmaos e parentes meus
galegos de a diario
mais que nono esqueceron como nolo esquecemos
tanto que ás veces perto chaman home
e
ollamos por quén.

non son eu tamén
quen eiquí quedo
que estou matando eilí
luxando GALICIA como luxan
KANSAS NEW JERSEY CALIFORNIA COLORADO
IOWA
nomes tan limpios?

perdón por esta paz
PAZ en carteles xunto a COCACOLA
PAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZ
pra tapar tanto tanto
muro

valeiránnolos nomes
mais inda
indainda pobo
podo decir o teu con forza
inda se pode decir o teu nome dos que alá cain
podemos

deles temos de novo nome:
home pobo
/ MARÍA MARIÑO dinamiteira da FALA /
home- pobo
home- pobo

aquíl por siglos foi un pobo como é o meu
o meu por anos foi un pobo como é aquíl

IRMANDIÑOS DE GALICIA VIETCONG

entre miña mai ANA amos iles
entre iles amor ANA ti
tres estudiantes en LUGO sin os nomes
en VIGO MÉNDEZ FERRÍN co?il
e vós MARÍA MARIÑO CHÉ bágoas 1967

non
eu sei que cantar non é igoal
perdón tamén por iste tempo cas palabras
anque sinceiras tein tarde polos lados
e puntos suspensivos calcados do refrigerados dun cañón

Uxío Novoneyra


Comentarios (0) - Categoría: 060. Xeración dos 50. Novoneyra - Publicado o 16-11-2009 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0