Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Lírica relixiosa galego-portuguesa: As Cantigas de Santa María
Scriptorium do rei Afonso X. Miniatura das Cantigas de Santa María.
Por imitación da lírica profana amorosa, xorde a lírica relixiosa galego-portuguesa, a cal está representada polas Cantigas de Santa María, 427 composicións saídas do scriptorium do rei Afonso X.

Walter Mettmann, autor dunha edición crítica dos textos das Cantigas de Santa Maria, cre que moitas desas cantigas poderían ter sido escritas polo trobador Airas Nunes.

Mais aínda que a cuestión da autoría destas cantigas non está resolta, é visíbel nun bo número delas o afán propagandístico do monarca, que coa súa creación tentaba agasallar ao Papa e convencelo para que primase a Sé episcopal de Toledo sobre a de Santiago de Compostela. Pode parecer paradóxico que usase o rei sabio a lingua galega para conseguir un obxectivo desfavorábel para Galiza, mais debemos ter en conta que, na Idade Media, considerábase na maioría da Península Ibérica que o galego-portugués era a lingua máis idónea para a creación lírica.

As Cantigas de Santa María trasladan o amor cortés ao plano relixioso. Mais agora o poeta, no canto de lle xurar fidelidade a unha senhor, xuraralle fidelidade á Virxe; e se na cantiga de amor o poeta cantaba as cualidades dunha muller ideal, nas Cantigas de Santa María cantarase á Virxe María.


Códices

As Cantigas de Santa María están recollidas en catro códices: un deles na Biblioteca Nacional en Madrid, dous en San Lorenzo del Escorial e o cuarto en Florencia.

Á marxe doutras consideracións, as Cantigas de Santa María seguen tendo un gran atractivo nos nosos días pola notación musical que as acompaña e moi especialmente polas ricas miniaturas que as ilustran. Hai que ter en conta que constitúen unha das coleccións de miniaturas máis importantes de todo o Medievo, o que as converte nun documento moi útil para coñecermos a vida cotiá da época, desde o vestiario e o mobiliario até os instrumentos musicais.

Como manuscrito iluminado, quíxose ver nas Cantigas de Santa María a primeira historieta da península Ibérica e un dos primeiros exemplos da banda deseñada no Occidente, anticipando recursos de sintaxe da imaxe que tardarían sete séculos en volver a desenvolverse.


Galería de imaxes das ilustracións das cantigas de Santa María


Vídeo con imaxes das ilustracións das cantigas de Santa María nas que aparecen menestreis, os instrumentistas da época (a música de fondo é de Luar na Lubre):




Todos os textos transcritos das Cantigas de Santa María.


Máis información sobre as Cantigas de Santa María na Galipedia.


Comentarios (0) - Categoría: 010. Literatura medieval - Publicado o 19-11-2009 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
As cantigas de Martin Codax
O pergamiño Vindel (Pierpont Morgan Library, New York)

A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes ten un interesante portal web sobre Martin Codax, que contén os textos das súas cantigas, fotos dos manuscritos nos que apareceron, audios das cantigas, artigos de análise, bibliografía e ligazóns de interese:


COMPOSICIÓNS de Martin Codax:
Ondas do mar de Vigo
Mandad'ey comigo
Mha irmana fremosa treydes comygo
Ay Deus se sab'ora meu amado
Quantas sabedes amar amigo
En o sagrad' e Vigo
Ay ondas que eu vin veer


IMAXES DOS MANUSCRITOS das cantigas de Martin Codax ás que podemos acceder:
Pergamiño Vindel
Manuscritos do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa coñecido como Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancuti.
Cancioneiro da Vaticana
Manuscrito Berkeley


GRAVACIÓNS SONORAS das cantigas de Martin Codax


Comentarios (0) - Categoría: 010. Literatura medieval - Publicado o 18-11-2009 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Pergamiño Sharrer
Pergamiño Sharrer
Imaxe do Pergamiño Sharrer que se pode ver ampliada.

Historia da súa descuberta.


O Pergamiño Sharrer e un fragmento de pergamiño que recolle sete cantigas de amor do rei Don Dinis e é un dos dous únicos documentos que se encontraron de cantigas galego-portuguesas con notación musical.

A cantigas de amor que contén son:

Pois que vos Deus amigo quer guisar
A tal estado m'adusse senhor
O que vos nunca cuidei a dizer
Que mui gran prazer que eu ei senhor
Senhor fremosa non poss'eu osmar
Non sei como me salv'a mia senhor
Quix bem amigos e quer'e quereei


Comentarios (0) - Categoría: 010. Literatura medieval - Publicado o 18-11-2009 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Pergamiño Vindel
O pergamiño Vindel (Pierpont Morgan Library, New York)
Imaxe do Pergamiño Vindel que se pode ver ampliada.

Historia da súa descuberta.


O Pergamiño Vindel recolle sete cantigas de amigo de Martin Codax, seis das cales conteñen a notación musical:

Ondas do mar do Vigo
Mandad'ei comigo ca ven meu amigo
Mia yrmana fremosa treides comigo
Ay Deus se sab'ora meu amado
Quantas sabedes amar amigo
En o sagrad' e Vigo (Só o texto, sen a notación musical)
Ay ondas que eu vin veer

A súa música constitúe, xunto coas sete cantigas de amor de Don Dinís, achadas no Pergamiño Sharrer, as únicas mostras que se encontraron até hoxe da canción profana galaico-portuguesa.


Comentarios (0) - Categoría: 010. Literatura medieval - Publicado o 18-11-2009 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Cancioneiros profanos galego-portugueses
Miniatura do Cancioneiro de Ajuda
As primeiras manifestacións da literatura galego-portuguesa son textos en verso, as cantigas, compostas na súa maior parte por trobadores cultos do Noroeste da Península.

As súas composicións circularon dispersas durante moitos anos até que apaixonados da poesía as compilaron, organizando coleccións, máis ou menos completas, ás que se lles dá o nome de cancioneiros.


Chegaron até nós os seguintes códices ou cancioneiros:

Cancioneiro de Ajuda

Cancioneiro da Biblioteca Nacional (tamén chamado Cancioneiro Colocci-Brancutti)

Cancioneiro da Vaticana


ACCESO AOS MANUSCRITOS GALEGO-PORTUGUESES (Base de datos on line creada en 2011 polo Instituto de Estudos Medievais da Facultade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, desde a que podemos acceder aos manuscritos e á totalidade das cantigas medievais conservadas nos manuscritos galego-portugueses.)


Comentarios (0) - Categoría: 010. Literatura medieval - Publicado o 18-11-2009 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Como se facían os manuscritos medievais?

Animación interactiva que a Universidade de Cambridge nos ofrece a través do Fitzwilliam Museum.

Esta animación amósanos como se facían os libros manuscritos medievais e está baseada nunha páxina dun antigo libro do século XIV realizado para un bispo francés, Reynaud de Bar e que se coñece como o "Pontifical de Metz?.

Inclúe oito vídeos que se poden ver unha vez escollida a calidade na que os queremos visionar.


Vía: Caderno de Lingua


Comentarios (0) - Categoría: 010. Literatura medieval - Publicado o 18-11-2009 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Literatura galego-portuguesa medieval
Presentación sobre a literatura galego-portuguesa realizada polo profesor Ramón Cruces Colado:



Un feixe de respostas simples a preguntas simples sobre a lírica galego-portuguesa elaborado polo Departamento de Lingua Galega do IES As Lagoas.


Para rematar un breve test sobre a literatura galego-portuguesa medieval.


Grazas a Caderno de Lingua por recoller toda a información sobre estes recursos e aos seus autores por compartilos na rede.

Comentarios (0) - Categoría: 010. Literatura medieval - Publicado o 18-11-2009 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0