Xosé Miranda é o autor de
Morning Star, novela publicada por Xerais no ano 1998.
A acción desenvólvese na Galiza de mediados do século XIX, concretamente nos anos da
primeira guerra carlista.
Entre outros personaxes que existiron na realidade, aparece mencionado nesta novela o pirata galego
Benito Soto, que aterraba os mares no final do primeiro terzo do século XIX, e que tiña como centro de operacións o Océano Atlántico, no espazo comprendido entre o Golfo de Guinea, as costas de Brasil e a fachada atlántica da península Ibérica.
No seguinte mapa aparece trazada a travesía do barco A burla negra, antes chamado O defensor de Pedro, no que o pontevedrés se adicaba á piratería:
