|
|
|
Carta a Celso Emilio novamente emigrado |
|
Alfonso Álvarez Cáccamo recita "Carta a Celso Emilio novamente emigrado", poesía escrita polo seu pai, X. M. Álvarez Blázquez, e o seu poema "Carta a meu pai", para o proxecto da Biblioteca Municipal do Porriño Palabras liberadas para Xosé María Álvarez Blázquez.
|
|
|
|
O cabalo |
|
A poeta Marga do Val recita o poema "O cabalo" de Xosé María Álvarez Blázquez e o seu poema "Pacto co poeta", para o proxecto da Biblioteca Municipal do Porriño Palabras liberadas para Xosé María Álvarez Blázquez.
|
|
|
|
Vogar |
|
Escoitade "Vogar" (mp3), poema de María Mariño cantado por Uxía.
Tiven medo de vogar,
tiven medo da auga clara,
anque fora cuns bos remos,
anque fora na mar calma,
¡non vogaba!, ¡non vogaba!
O medo xa non sei del.
Xa secou aquel mar longo.
E sin saber de onde veu,
si é doutro ou é meu,
navego nun mar de fondo.
|
|
|
|
Vida e obra de María Mariño |
|

En Álbum de mulleres de culturagalega.org atopamos información moi interesante sobre a vida e obra de María Mariño e ademais unha galería con fotos da poeta.
Se entrades en cabrafanada, o cosmocaderno de Fran Alonso, podedes gozar dunha fotobiografía de María Mariño realizada polo escritor.
Entrando en mensaxenunhabotella podedes escoitar un fermoso podcast con poemas de María Mariño recitados por alumnas e alumnos de Técnicas de Expresión Escrita do IES David Buján de Cambre. |
|
|
|
|
|
|