Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

o coiteliño que me regalou miña nai. María Lado no Breamo


María Lado, 2001, casa atlántica, casa cabaret, Vigo: Xerais

María Lado recita no IES Breamo o seu poema acompañada pola voz e a guitarra Lucía Aldao:



Espectáculo poético-musical "Moita poesía, pouca diversión".

Pontedeume, 12 de abril de 2011
Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 18-04-2011 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Lado e Aldao na Coruña
As poetas María Lado, nacida en Cee, e Lucía Aldao, da Coruña, inauguraron esta semana o ciclo de poesía "En femenino" no Forum Metropolitano da Coruña organizado polo Concello.

No seu espectáculo mesturan a performance, a poesía e o humor. Eis unha mostra do acto que filmou Tingalaranga Audiovisual para Galicia Confidencial, coa súa versión bilingüe do poema de Celso Emilio "Deitado frente ao mar" no inicio:




Fonte: Galicia Confidencial (12/02/2011)

Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 13-02-2011 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Aldao e Lado no Son
Lucía Aldao e María Lado. A festa da poesía no IES do Son.

Quen ten un versiño por aí? from SonCine on Vimeo.


Fonte: SonCine
Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 13-02-2011 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Así cho digho. María Lado

Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 13-02-2011 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Cuqui. María Lado

Texto de María Lado e ilustración de David Rubín para postal.


Fonte: Galería de mariabymyside Creative Commons
Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 13-02-2011 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Toda esa enerxía escura
AO OUTRO LADO DESTA FRÁXIL FRASE
SEI QUE RESPIRARÁS TI
CRIATURA DE MATERIA ESCURA
PENSADA COA MIÑA MATERIA GRIS
SAES A CAMIÑAR BAIXO AS LENTES DA GALAXIA.
COMO UNHA PRINCESA DE SOMBRAS CHINESCAS
NUNHA PELI DE LOTTE REINIGER
AO OUTRO LADO DA PALABRA FIN
EXPLOTA O TEU PRINCIPIO.
CAMIÑAS COMO UNHA PRINCESA
E SE XIRO O TEU UNIVERSO NEVA. E NEVA. E NEVA.
ES A POSIBILIDADE DE ESCOITARME.
ES A POSIBILIDADE QUE POBOAS.
ES A POSIBILIDADE DE NON SABERME.
ES A SILHOUETTE DUN TEATRO DE SOMBRAS.
ESTÁS A UN PASO DE SENTIRME
CONCENTRAS TODA ESA ENERXÍA ESCURA.
CRIATURA FUTURA. A SECRETA FORMA HUMANA

Estibaliz Espinosa

Toda esa enerxía escura. mp3 é a adaptación do poema de Estíbaliz Espinosa feita por Fanny + Alexander coa colaboración nas voces de Martiño de The Homens.



Fanny + Alexander fixeron unha peza para a banda sonora de Xogo de Nenos, a nova curtametraxe de Pachi Baranda. El en troques fíxolles este videoclip para "Toda esa enerxía escura" con imaxes do seu arquivo de Super 8.


Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 20-06-2010 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Fanny+Alexander: Finais dos 70s, comezos dos 80s
Finais dos 70, comezos dos 80
NOVE POEMAS, NOVE POETAS, NOVE CANCIÓNS

"Este disco contén algunha das letras máis fermosas da historia da música galega. Non teño na cabeza moitos discos contemporáneos, e moito menos en Galicia, baseados case en exclusiva en poemas musicados. Regresan Voces Ceibes pero electrónicos?

A verdade é que a intención era esa, recuperar a tradición que había nos 70, un fenómeno que, visto con perspectiva, deu á poesía galega un carácter verdadeiramente popular, xa que foi quen de popularizar obras que doutro xeito nunca terían saído dos andeis das librarías. Se hoxe en día a xente sabe de memoria versos de Celso Emilio, Curros, Manuel María ou Rosalía é grazas a esta promiscuidade entre música e poesía que se deu nos 70. Ademais pensa que na época era xeralizado, non só se cinguía a Voces Ceibes, facíao dende Amancio Prada até Juan Pardo pasando por Los Tamara. No noso caso a dificuldade sempre reside en percurar poemas mínimamente "modernos", que concorden no ton, no estilo e nas temáticas cos postulados etico-estéticos de Fanny e Alexander. Por certo que a diferenza do noso debut, Lusco e Fusco, neste disco todos os empréstitos son de poetas contemporáneos, dende María do Cebreiro a Daniel Salgado pasando por Elvira Riveiro, Pilar Pallarés ou Lois Pereiro. A única que se sae un pouco desta liña é María Silenzo, baseada nun poema que Carvalho Calero escribiu na súa mocidade, en plena guerra civil. Aínda asi, a súa temática -a sinistralidade laboral- segue tan vixente coma entón así que non desentona en absoluto."


Entrevista completa: "Fanny+Alexander, Voces Ceibes cunha bola de discoteca?" publicada en GZnación.com (31/10/2007)


O álbum Finais dos 70s, comezos dos 80s está dispoñible nas tendas, pero tamén en descarga gratuíta na plataforma A Regueifa.net.


Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 01-05-2010 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
Antoloxía poética da Costa da Morte adaptada para Google Earth

CULTURAGALEGA.ORG ADAPTA PARA GOOGLE EARTH UNHA ANTOLOXíA POéTICA DA COSTA DA MORTE

De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, unha estensa antoloxía editada por Miro Villar e Modesto Fraga que reivindica esta franxa litoral como paisaxe literaria. E culturagalega.org quixo experimentar con ela, ofrecéndonos un dos primeiros poemarios en Google Earth (16/09/2009), para que poidamos comparar a paisaxe cos versos dos poetas.


Fonte: Capítulo 0 (29/04/2010)


Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 01-05-2010 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
ELEMENTAL




Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 01-05-2010 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Música galega e poesía. Reportaxe no programa Libro Aberto
Unha reportaxe de Olalla Vaamonde sobre a relación entre a música e a poesía na escena galega no desaparecido programa da TVG Libro Aberto. Con Fanny + Alexander, NARF e Dios Ke Te Crew.

Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 08-04-2010 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0