Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Daquela colleitaba area. Estevo Creus
Daquela colleitaba area. Todos os días baixaba ó lugar dos cangrexos (onde nace a area máis terrible) e apañaba, alomenos, unha pouca. Ás veces levaba un paraugas para protexerme das gaivotas e os outros animais voadores, e espallaba anacos de carne e zume de marmelo;

as gaivotas son uns animais terribles; teñen patas de rabia e son coma cangrexos con fame.

ASÍ
ATRAVESADOS NO MEDO.



DOS TIGRES

Estevo Creus, Areados, 1996

Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 11-07-2011 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Yolanda Castaño presenta Erofanía


Erofanía ve a luz no ano 2009 e reúne a reedición dos tres primeiros libros da poeta, que foran publicados entre 1995 e 1998.
Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 10-05-2011 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Yolanda Castaño na TV2


Nesta entrevista, con motivo da súa tradución ao castelán, Yolanda Castaño fala do seu poemario O libro da egoísta, publicado en 2003 por Galaxia.


Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 10-05-2011 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Así doe novembro. María Lado
un



así doe novembro.
así doen as moas apretadas contra ti, coma un barco,
unha traxedia para un pobo
ou o recordo dun membro fantasma. doe
porque non te dás ido aínda que marcharas,
e non hai bálsamos para o baleiro dun amputado.
nin sequera doses xustificadas de codeína
contestan as miñas mensaxes.
nunca preguntas.
por min. nunca preguntas por min.
así doe a praia na que nos coñecemos.
toda ela cábeme espesa nos petos do abrigo
e entérranse as mans entre as cunchiñas, facéndome cortes.
sabes que sangro polas mañáns?
pequenos cortes invisibles que deixou todo o que vén despois da marea.
así doe novembro,
e máis.
inmenso.
onde o mar rompe contra as rochas
novembro doe inmenso.
alí é onde máis manca
que non che sexa
nin sequera un recordo.


María Lado
, 2008, Nove, A Estrada: Edicións Fervenza


"Así doe novembro" recitado pola autora:



Versión musicada de Kinocan:




Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 10-05-2011 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Cuqui. María Lado

Texto de María Lado e ilustración de David Rubín para postal. (Fonte da imaxe: Galería de mariabymyside Creative Commons)

No vídeo temos a María Lado recitando para o alumnado do Breamo o seu poema "Cuqui" no espectáculo poético-musical "Moita poesía, pouca diversión", que tivo lugar o 12 de abril de 2011:




Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 09-05-2011 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
A raíz do toxo verde. Lucía Aldao no Breamo
Lucía Aldao recitou o poema "A flor do toxo verde" no Breamo.

Eis un fragmento:



Espectáculo poético-musical "Moita poesía, pouca diversión".

Pontedeume, 12 de abril de 2011

Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 18-04-2011 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Coruña rabuña. Lucía Aldao no Breamo
"Coruña Rabuña, pueblo inculto y majadero" dá título a un poema de Lucía Aldao construído coas pintadas que lle chamaron a atención polas rúas da súa vida.

Quen dixo que hai temas que non lle acaen a un poema? E que a poesía non pode ser divertida? E que non sintoniza cos mundos de hoxe?




Espectáculo poético-musical "Moita poesía, pouca diversión".

Pontedeume, 12 de abril de 2011
Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 18-04-2011 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
Desesperada e demente. Poema dadaísta no Breamo
María Lado le o cadáver exquisito resultante da suma de versos de diferentes poetas, no momento máis álxido do espectáculo poético-musical "Moita poesía, pouca diversión" no Breamo.

A casualidade e a vontade colectiva fixeron que este fose o resultado:



Pontedeume, 12 de abril de 2011


Mirade outros resultados noutros institutos:

Poema colectivo "Non hai máis butano, amor" no IES García Barbón de Verín (Fonte: Blog Chumaceira)

Quen ten un versiño por aí? IES do Son (Fonte: SonCine)


Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 18-04-2011 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
Cuqui. María Lado no Breamo
Xa vimos este poema na postal ilustrada por David Rubín.

Aquí temos no vídeo a María Lado recitando o seu poema "Cuqui" no espectáculo poético-musical "Moita poesía, pouca diversión":




Pontedeume, 12 de abril de 2011


Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 18-04-2011 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
escribindo cápsulas para paleón. María Lado no Breamo
María Lado recitando no IES Breamo un fragmento do seu poema "escribindo cápsulas para paleón".

Acompáñana a guitarra e a voz de Lucía Aldao.



Espectáculo poético-musical "Moita poesía, pouca diversión".

Pontedeume, 12 de abril de 2011

Comentarios (0) - Categoría: 072. Poesía actual - Publicado o 18-04-2011 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0