Iniciamos un novo curso e abrimos a porta a moitas e novas experiencias. Entre elas, todos os libros por ler que nos agardan dentro e fóra das bibliotecas.
TINTA DE LURA
As camisolas de Tinta de Lura forman parte dun proxecto que quere difundir poesía por canles diferentes e achegala a un público máis amplo. http://www.tintadelura.com
"Dende o Grupo de Traballo da Biblioteca do IES Fontem Albei de A Fonsagrada (Lugo-Galiza) plantexamos este lipdub como unha actividade para a Formación de Usuarios, aproveitando as potencialidades das TIC, para explicar a C.D.U. (Clasificación Decimal Universal: sistema de clasificación do coñecemento que consiste en dividilo en dez grandes campos que permiten ordear e catalogar as obras nunha biblioteca). Trátase dunha especie de xogo onde o espectador debe ir identificando nas esceas os números e cores alusivos ás diferentes áreas temáticas:
Por outra banda esta actividade serviunos para fomentar a implicación de toda a comunidade educativa nun mesmo proxecto así como para crear un ambiente de distensión e participación, en definitiva: bo rollo."
Campaña do instituto Marco do Camballón, no concello pontevedrés de Vila de Cruces, na que nos animan a sacar os libros dos estantes e ler en galego.
Convídannos desde un vídeo realizado por Producións TVz, que veñen sendo Manolo de Carbia, David Rivadulla, Irene, David Dopazo, Manolo, Miguel, Diego, Mª Xosé, Carina e Séchu Sende.
Neste momento de enfriamento lector, propoñémosvos desconxelar as lecturas dos vosos conxeladores andeis ou que vos acheguedes á vosa libraría de referencia para conseguir un novo libro e realizar o acto lector (se vos cómpre a ansia) :) ou conservar no andel para cando o acto lector che sexa máis apropiado. Lembra que ler é conversar cun autor, un diálogo continuo e perdurable do que sempre disporemos, sexa conservado en formato sólido (en papel) ou en formato líquido (dixital).