Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Conversa coa premiadísima Rosa Aneiros
Rosa Aneiros. Premio Xerais de Novela e Premio Fundación Caixa Galicia 2009
A escritora Rosa Aneiros acaba de recibir dous premios dun golpe, gañando o Xerais de Novela con Sol de Inverno e o Fundación Caixa Galicia con Ás de bolboreta.


Con ocasión destes premios, veñen de facerlle, entre moitas outras, unha entrevista en Vieiros e nela fala sobre os temas das súas novelas e sobre o proceso de creación das mesmas. Comeza así:


"Cal foi o proceso de creación da novela? Creo que xa a tiñas na cabeza dende había un tempo.
Si, de feito, na presentación de Veu visitarme o mar en Lugo eu tiña un debuxo diante e cando Manolo Bragado me preguntou que era iso, díxenlle que era a xeografía da miña nova novela. Imaxina canto tempo hai diso. Eu sempre traballo moito a novela na miña cabeza antes de escribila; dende esta idea inicial tiven que pasar por unha oposición, entre outras cousas, e non escribín unha soa liña durante moitos meses; até que un día empecei a escribir, e saíron trinta páxinas dun golpe. Pasou moito tempo, e de feito a novela xa estaba terminada hai ano e medio.

(...)"


Pódese ler a entrevista completa en Vieiros (09/06/2009).


Comentarios (0) - Categoría: 074. Novelistas actuais - Publicado o 11-06-2009 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
María Reimóndez no II Encontro Cidade da Coruña (2009)

Entrevista e fragmentos do debate da primeira sesión do II Encontro Cidade da Coruña (2009), que baixo o lema "Mulleres na Literatura" se desenvolveu na Real Academia Galega, con patrocinio da Concellaría de Cultura da Coruña e organización da AELG.

A intervención de María Reimóndez leva por título "Por min e polas miñas compañeiras", e trata sobre as "Visibilidades e invisibilidades das escritoras galegas".


Fonte: O levantador de minas


Comentarios (0) - Categoría: 074. Novelistas actuais - Publicado o 11-06-2009 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0