Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Nace Meubook, o portal galego dos lectores, editores e librarías
Acto de presentación de Meubook
A posta en contacto de autores, lectores, libreiros e editores será o obxectivo de Meubook, unha plataforma dixital que comezará a funcionar en xullo. Un catálogo en liña, a impresión baixo demanda e mesmo unha rede social na que interactuarán todas as pezas deste universo dixital serán algúns dos servizos que ofertará este portal de internet nacido en Galicia.

?Buscamos poñer en valor os contidos dixitais que moitas veces non están á disposición dos usuarios?, explicaba onte na presentación en Santiago do proxecto o conselleiro delegado de Meubook, Jacobo Bermejo. Ao acto tamén asistiron o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, o director da editorial Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello; o presidente do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, Carlos del Pulgar; o director de Gradiant, Fernando Pérez; a community manager de Algueirada, Tati Mancebo, e o director de Meubook, Fernando Jiménez.



Para os lectores, Meubook ofrecerá a posibilidade de acceder a un catálogo de produtos en liña, en formato físico e dixital, e servizos de consulta e descarga de arquivos. Tamén porá a disposición dos particulares ferramentas para singularizar contidos e adoptar o papel de ser eles mesmos os seus propios autores. Poderanse enviar fotografías por correo electrónico que se converterán en caricaturas integradas dentro de contos personalizados.

TERCEIRA REVOLUCIÓN

?Trala aparición da lingua escrita e da imprenta, a posta en marcha da galaxia dixital é a terceira gran revolución, o futuro xa está aquí?, apuntaba o editor Fernán Vello. O director de Espiral Maior destacou dúas das facetas de Meubook: ?O encontro creativo e a súa gran capacidade empresarial de oferta de novos contidos?.

Para as librarías, Meubook achegará as tendencias do mercado e os gustos do público. Ao mesmo tempo, estas empresas contarán co seu propio espazo na plataforma e xestionarán a venda de facsímiles e produtos personalizados. O proxecto de Meubook está impulsado por varias empresas do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, varias institucións e editoras españolas e o seu desenvolvemento técnico corre a cargo da Universidade de Vigo.


Fonte: Imos Indo
Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 30-05-2010 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Os 33 libros galegos en inglés
Artigo de JONATHAN DUNNE, publicado en El País (05/02/2010), no que fai unha interesante reflexión sobre as traducións ao inglés de obras da literatura galega e a necesidade unir esforzos para exportar a un mundo de lectores en lingua inglesa e a moitos editores do mundo que non entenden galego, pero si entenden inglés e optan por publicar libros despois de lelos neste idioma.

Artigo completo


Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 30-05-2010 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
O traballo de tradución e edición
Rinoceronte Editora é unha editorial creada no ano 2005, que ten como obxectivo prioritario traducir ao galego literatura estranxeira, fundamentalmente recente, e especialmente de ámbitos culturais desde os que nunca se importara nada á nosa lingua. Foron os primeiros en traducir dende o finés, o húngaro, o xaponés, o islandés ou o hebreo.

Aquí temos a sendo entrevistado para o desaparecido programa de TVG Libro Aberto:




Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 01-05-2010 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0