Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
literactúa


    literactúa


Francisco Castro
Francisco Castro
...o autor do libro de Literactúa para marzo de 2007, Spam.

Naceu en Vigo en 1966. Na actualidade traballa en xestión cultural e en comunicación. É director, tamén, do Taller Literario Caixanova e do Taller de Poesía Caixanova.

No ano 1991 publicou Amor de cinema, ao que lle seguiron Play-Back (Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 1997), os libros de relatos A canción do náufrago (2001), Xeografías (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001), a novela histórica Memorial do infortunio (2003), traducida no 2004 ao castelán; a novela Xeración perdida (2004); e o libro para xente moza Un bosque cheo de faias (2004).

No ano 1999 recibiu o Premio de Xornalismo Manuel Reimóndez Portela, en 2002 o Premio Facho de poesía e en 2005 o Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellá, polo relato ?Venres desesperado (look casual friday)? e o Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves polo traballo ?Ningún fascista morreu inxustamente?.

A súa novela Spam recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de Novela.

Francisco Castro mantén tamén o blog A canción do náufrago, no que todas as súas lectoras e todos os seus lectores poden interactuar con el a través da rede.


Conversa co autor:

Francisco Castro conversará cos lectores e lectoras de Spam o mércores 28 de marzo, ás 20.30 h, na Taberna Café O'Patacón (Rúa de Ourense 19).


Francisco Castro pola rede:

>Ficha do autor na Editorial Galaxia.
>Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega.
>Ficha do autor no Centro de Documentación da AELG.
>Francisco Castro gaña o Blanco Amor
coa historia dunha ?rata con traxe?, en A Nosa Terra.
>Preséntase Spam, a novela de Francisco Castro sobre o individuo fronte á rede, en Vieiros.
>Francisco Castro gaña o Blanco Amor cunha novela sobre a mentira de Internet, en Galicia Hoxe.
O blog de Francisco Castro
Literactúa! Comentarios (4) - Categoría: AUTORES/AS - Publicado o 06-03-2007 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Teresa Moure
Teresa Moure
...a autora do libro de Literactúa para febreiro de 2007, Herba moura.

Teresa Moure é doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o temor ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación anti-globalización.

Gañou premios como o Lueiro Rey de novela curta 2004 pola novela A xeira das árbores, o Ramón Piñeiro de Ensaio 2004 con Outro idioma é posible (2005), o Xerais de Novela 2005 con Herba Moura, o Premio Irmandade do Libro á Autora do ano 2005, o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005, o Premio Benito Soto á mellor novela de 2005 por Herba moura, o Premio da Crítica Española 2005 tamén por Herba moura, etc.

Así se presenta ela na Biblioteca Virtual Galega:

"Non me gusta mirar para atrás porque non sempre me recoñezo no que foi pasando. Contáronme que nacín cando os astronautas comezaban a explorar a Lúa; de aí véñenme o espírito soñador e as ganas de ir por libre. Toda a miña infancia estivo marcada pola enfermidade que me atou a unha cama e, consecuentemente, obrigoume a ser amante dos libros e dos mimos. Contravindo as decisións habituais na miña tribo para as mulleres do meu tempo, deume por ser nai cedo e, para seguir distinguíndome, por recuncar varias veces no experimento. Os meus tres fillos vanme criando como poden, porque son un xardín húmido, con especies imposíbeis de clasificar que poñen a proba a súa capacidade de xardineiros, domadores de enredadeiras tumultuosas e exterminadores de plagas. Noutras palabras, que son rebelde e desconfiada, gústame escarmentar en cabeza propia e levar o pelo sobre a cara. Eles, os meus tres, que son sabios, van orientando as miñas inseguridades, templando a miña natureza volcánica, axudándome a decidir; vanme, xa o dixen, criando como poden: cravándome titores nos laterais e abonando os meus soños selváticos. Ás veces tamén lles axudan na tarefa os meus alumnos e as miñas alumnas, outro grupo de seres alucinantes, que teiman en facer de min un ser que ame a linguaxe. Se cadra, xa o amaba antes mais non me decatei ata que @s estudant@s universitari@s se me puxeron diante pedíndome que falase de algo. Nese momento da miña boca abrollaron os adxectivos barrocos e os verbos de acción, mais axiña albisquei que as que realmente nos facían gozar eran as preposicións. Gústanme os salseiros que salfiren con pingas prometedoras cando bogo pola ría, os nomes de lugar, o queixo, as árbores, os gatos, a cor verde, o Subcomandante Marcos, os crebacabezas, nadar, as flores das cerdeiras, remexer nas librarías, as películas de Humphrey Bogart, a auga, ter tempo, o viño, os bicos, escachar a rir ata que me doa o ventre, a chuvia, o sol, a Revolución, os ordenadores, a poesía, o jazz, limpar a fondo e ordenar os armarios, as conversacións con respostas picantes e rápidas, os cadros de Magritte, os amorodos, o vento nordés e a utopía. Porén, o que máis me gusta é poñer o mundo patas arriba. Para que os tópicos non boten raíces e nin eu mesma crea que é verdade todo o que digo".


Conversa coa autora:

Teresa Moure conversará cos lectores e coas lectoras de Herba moura o mércores 28 de febreiro, ás 20.30 h, no Café Vallé Inclán (Rúa de Valle Inclán 32).


Teresa Moure pola rede:

>Ficha da autora na Biblioteca Virtual Galega.
>Ficha no Centro de Documentación da AELG.
>Ficha da autora en Xerais.
>Entrevista en Vieiros.
>Entrevista en Gara.
>Entrevista en La Voz de Galicia.
>Entrevista en A Nosa Terra.
>Entrevista na Cadena Ser.
>Entrevista en Folque.com.
>Teresa Moure gaña o Premio Xerais de novela, no web da AGE.
>Teresa Moure publica en castelán e catalán Herba moura, en La Vanguardia.
>"Una història de dones, uns valors amagats", Herba d'enamorar en catalán, en Vilaweb.
Literactúa! Comentarios (2) - Categoría: AUTORES/AS - Publicado o 05-02-2007 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Diego Ameixeiras
Diego Ameixeiras
...o autor do libro de Literactúa para xaneiro de 2007, Tres segundos de memoria.

Naceu en Lausanne, Suíza, en 1976, aínda que en realidade el é ourensán.

Profesionalmente é xornalista e traballa como guionista de televisión, e anteriormente foi redactor do Diario de Pontevedra e formou parte do equipo de www.bravu.net.

Antes de Tres segundos de memoria, a obra de Literactúa para xaneiro de 2007, publicou dúas novelas de grandísimo éxito, Baixo mínimos (Xerais, 2004) e O cidadán do mes (Xerais, 2006), ambas as dúas protagonizadas polo detective Horacio Dopico.

Con Tres segundos de memoria gañou o Premio Xerais de Novela 2006.


Conversa co autor:

Diego Ameixeiras conversará cos lectores e lectoras de Tres segundos de memoria o mércores 31 de xaneiro de 2007 ás 20.30 h no Pub Silfo de Carballo (Rúa de Rosalía de Castro 8).

Diego Ameixeiras pola rede:

>Ficha do autor en Xerais.
>Entrevista en Vieiros.
>Entrevista en La Voz de Galicia.
>Entrevista en A Nosa Terra.
>Ficha do autor en Lg3 de Culturagalega.org.
>Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega.
>Diego Ameixeiras gañador do Xerais, en Galicia Hoxe.
>Diego Ameixeiras gañador do Xerais, en A Nosa Terra.
>Diego Ameixeiras gañador do Xerais, en El Correo Gallego.

E TI, QUE OPINAS DESTE AUTOR?
Literactúa! Comentarios (4) - Categoría: AUTORES/AS - Publicado o 10-01-2007 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0