Nun post sobre o Experimento Marshmallow comentabamos a influencia do autocontrol dos nenos pequenos tiña a longo prazo sobre rendemento escolar.
Recentemente vén de publicarse un estudio no que se aborda o efecto que os síntomas de inatención observados en nenos e nenas de Educación Infantil teñen sobre o rendemento escolar moitos anos despois: cando están a rematar a Educación Secundaria.
O mesmo publicouse na revista Pediatrics e os seus autores son Joshua Breslau, profesor da Universidade de California en Davis, e os seus colaboradores. Leva por título: ?The Impact of Childhood Behavior Problems on Academic Achievement in High School?(O impacto dos problemas condutuais infantís no rendemento académico na Secundaria).
Para o mesmo empregáronse datos recollidos inicialmente pola nai Breslau, Naomi Breslau, que hai décadas era investigadora en Detroit. Naquel entón recolléranse os datos de un milleiro de nenos e nenas e ?finalmente- avaliárase a 823, aos que se lle fixeron probas sobre o seu CI, datos familiares, sociais, etc. e tamén se valorou a presenza de síntomas de diferentes trastornos condutuais, entre eles, os de inatención.
Dita avaliación fixérase cando estes pequenos estaban a cursar o último ano de kindergarten (Educación Infantil) e, once anos despois, cando estaban no último ano de instituto e contaban con 17 anos foron novamente avaliados 693 destes rapaces no seu desempeño en matemáticas e lectura.
Entón empregando a técnica de regresión múltiple, analizouse en qué sentido influíran os seus síntomas infantís na súa marcha acadcémica. Mediante a técnina de análise empregada controlouse a influencia de outras variables comoo CI, o lugar de residencia, o nivel educativo materno e o estado familiar. É dicir descontouse o seu efecto de maneira que non influíse nos resultados.
Aínda que outros síntomas observados na infancia non resultaron ter unha influencia significativa nos resultados de matemáticas e lectura, o grao de síntomas de inatención si apareceron significativamente relacionados co rendemento escolar aos 17 anos. De tal maneira que, como concluíron os investigadores, a inatención das nenas e nenos pequenos, constitúe un bo predictor do seu rendemento escolar a longo prazo.
De tal maneira, como sinalou Breslau, ?ao identificar os problemas de atención como os de máis importantes consecuencias a longo prazo sobre o rendemento escolar, este estudio axudaranos a decidir sobre que concentrar os nosos recursos para intervir preventivamente?.
O artigo comentado é: Breslau, J., Miller, E., Breslau, N., Bohnert, K., Lucia, V. e Schweitzer, J. (2009). The Impact of Early Behavior Disturbances on Academic Achievement in High School. Pediatrics, 123: 1472-1476
|