|
|
|
Mámoa na Ermida, lado noroeste |
|

O topónimo ERMIDA procede da presenza dunha antiga ermida ou capela, da que fala un documento conservado no Arquivo do Reino de Galicia, un preito do Comendador de Pazos de Arenteiro e don Xacinto Vázquez de Toubes con dona Sabela Vázquez de Toubes sobre reivindicación do lugar e granxa de AS MÚAS, anexa á ERMIDA de SAN COSME E SAN DAMIÁN na feligresía de Santa Uxía de Eiras, xurisdición de Roucos en 1695.
Preside o lugar un sinxelo cruceiro con cruz de brazos iguais, erguido sobre un varal octogonal barroco. A cruz semella ser anterior. Trátase, ademais do recordo dunha ermida, da cristianización dun lugar de culto anterior, posiblemente relacionado con Bandua.
A poucos metros hai indicios dunha mámoa e a tradición oral recórdanos que alí "enterrábanse os mouros".
|
|
|
|
A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor... |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|