Arredor de Lámbrica


Escea central na Pátera Araugelensis (Museo de Badaxoz)
Escea central na Pátera Araugelensis (Museo de Badaxoz)

A Pátera Araugelensis pode ilustrarnos sobre a práctica de efectuar ofrendas ou libacións, neste caso en diversas aras e nun entorno de natureza ou campestre. En tres desas aras vemos que xa arden as ofrendas en cada respectivo oco superior, chamado foculus.

A oferente ten como atributos o corno da abundancia, a coroa dunha cidade e unha pátera na man dereita. Existen representacións, sobre todo en pinturas murais, de personaxes semellantes, como podemos ver en pinturas de lararios de Pompeia. Un exemplo nesta páxina: https://artealinstante.wordpress.com/.

Co corno da abundancia tamén se representou á deusa Fortuna.

O que se procuraba era a axuda dos deuses mediante ofrendas para obter abundancia, ou para mostrar gratitude polos bens acadados.

Interesante o ambiente "rural" da pátera araugelensis, con rochas e arbustos, o que nos pode trasladar a esceas parecidas que puideron producirse nas posesións de Emilio Reburrino en Eiras, a finais da romanización, posiblemente coincidindo coa chegada do cristianismo ás grandes cidades.

A inscrición, BAND ARAUGEL, tense interpretado como BANDUA ARAUGELENSIS, unha deusa indíxena realizando ofrendas.

A mestura e confusión de elementos grecorromanos, como a Fortuna, con elementos indíxenas, como Bandua, é normal en contextos de convivencia de relixións e denomínase sincretismo.

O cristianismo tamén utilizará abundantes elementos nativos alá por onde se asente. Un exemplo podémolo atopar no santoral, ideado para conciliar a diversidade de cultos precristiáns nunha relixión monoteísta. De aí procede a inmensa cantidade de santos que presiden igrexas e capelas, cada un coa súa propia "especialidade", pero que deixan aínda rastrexar cultos precristiáns.









⏪ Imaxe anterior 📷 Galería Imaxe seguinte ⏩


  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0