Arredor de Lámbrica


Ruta da Barca de Barbantes a Lámbrica
Ruta da Barca de Barbantes a Lámbrica

Ruta terrestre que enlazaba o porto fluvial da Barca (Barbantes-Estación, Cenlle) co castro de Lámbrica (San Cibrao das Las e Ourantes, Punxin)

Actualmente o nome oficial da Barca é Barbantes-Estación. Tradicionalmente houbo neste pobo unha barca para cruzar o río, o que fai necesaria a existencia dun porto o embarcadoiro. Na Antigüidade o río Miño era navegable ata estes lugares (sabémolo por Estrabón, que nos di que o río Bainis era navegable 800 estadios). Podemos supor entón que o devandito embarcadoiro, ou algún situado nas súas cercanías, tivo que ser utilizado naquela época, tendo en conta a magnitude excesiva do castro que se atopa a 3,6 quilómetros, Lámbrica, un dos maiores de Galiza. Lámbrica está nunha extensa e rica zona mineira que chega ata lugares do Carballiño e do Irixo, con manifestacións de minas antigas tan sobresaíntes como as do Puzo do Lago ou as de Loureiro. É lóxico pensar que houbo exportación dos minerais obtidos ou dos metais elaborados, e elo só sería posible a través de rutas fluviais que enlazaran cos circuitos comerciais atlánticos.

Ver tramo da calzada entre A Barca de Barbantes e Lámbrica

Ver artigo A Ciudá dos Chaos, Lámbrica













⏪ Imaxe anterior 📷 Galería Imaxe seguinte ⏩


  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0