Arredor de Lámbrica


Pedra erosionada da Ermida, agora en San Cibrao das Las
Pedra erosionada da Ermida, agora en San Cibrao das Las

Esta rocha erosionada polo vento e a auga durante milenios estaba ó lado da pedra dos petroglifos da Ermida, na parroquia de Eiras.

Formaba, coa pedra furada e con outra de similares características e de actual paradeiro descoñecido, un conxunto moi fermoso, xusto ó lado dos petroglifos.

Nos anos noventa foi levada á veciña parroquia de As Las, para servir de fonte na área recreativa que alí se construíu.

Se pasades polo castro das Las poderedes ver esta rocha xusto detrás do Centro de Interpretación Castrexa. Acordádevos de que estivo na Ermida, en Eiras, e que é moi posible que formara un conxunto cultual coas restantes rochas que a acompañaban.


Ver outra fotografía da mesma rocha










⏪ Imaxe anterior 📷 Galería Imaxe seguinte ⏩


  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0