Arredor de Lámbrica


Os petroglifos de Paciños, entre O Carballiño e O Irixo
Visibilidade de Lámbrica e do Santrocado dende a ladeira onde están os petroglifos de Paciños.
A maioría do noso patrimonio arqueolóxico é dado a coñecer con ocasión das grandes obras públicas. Un exemplo é o dos petroglifos de Paciños, entre os concellos de O Carballiño e O Irixo, non lonxe do castro do Coto de Mosteiro, entre outros.

Pese á alegría que producen tales achados, non debemos engañarnos. É maior o número de xacementos que sucumben debaixo das máquinas que os que se dan a coñecer. As administracións públicas, obrigadas especialmente á protección do patrimonio arqueolóxico, ignoran a situación da maioría dos xacementos.

Ademais, a premura das obras e o desinterés polo patrimonio fan que moitos dos achados, aínda que sexan ben coñecidos, sexan irremediablemente destruídos en aras do progreso, como se fixo co xacemento mineiro prerromano e romano situado no monte do Santrocado, entre Laias e A Barca de Barbantes (Cenlle). Así evítanse custos e aceléranse as obras, pero estráganse definitivamente fontes arqueolóxicas.

Os descubridores dos petroglifos de Paciños foron Juan José Álvarez e Rosa María Ricoy. Según a prensa, os petroglifos forman parte dun conxunto prehistórico no que tamén hai mámoas, castros e minaría romana.

Dende a zona dos petroglifos de Paciños a visibilidade do monte do Santrocado e do castro de Lámbrica (A Cidade de San Cibrao das Lás) é espectacular. É posible que as relacións entre ambos territorios fosen intensas. Hai que ter en conta que a magnificencia de Lámbrica non sería fácil sen un extenso territorio circundante que aportara xentes e recursos suficientes.

Tendo en conta que a maioría dos petroglifos soen datarse na Idade do Bronce, e incluso antes, poderíamos alongar esas relacións visuais entre os diversos asentamentos a períodos moi anteriores ás construcións castrexas.





Fotografías:



Ver artigo A Lámbrica de Mela
Ver artigo: A Ciudá das Las, Lámbrica
Artigo publicado o 07-03-2010 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor...

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0