Arredor de Lámbrica


🔥 A ara de Bandua de Eiras e o topónimo Lámbrica
Ara de Bandua en Eiras (San Amaro).
Da ara de Eiras fixéronse lecturas discrepantes debido á erosión á que estivo sometida a pedra. O maior problema prodúcese na segunda liña, onde se quixo ver o topónimo "Lans" lendo "Bandua Lansbricae".

Pero esta lectura, que é a máis coñecida, non pode xustificarse porque antes do ?B?, a derradeira letra da segunda liña, vemos claramente un "M".


Tamén se percibe que a liña vertical do "B" está demasiado cerca da liña vertical dereita do "M", non sendo posible que haxa un "S" no medio de ambas. Con estes criterios poderíamos ler:



Podería interpretarse, sempre con certa provisionalidade, máis ou menos así: BANDU? LAMBRICAE AEMILIUS REBURRINUS VOTUM SOLVIT, o que viría a dicir, aproximadamente: "A Bandua de Lambrica Aemilio Reburrino cumpriu o seu voto".

Se a ara de Bandua fala de "Lámbrica" e a ara de Eiras procede da contorna, non parece difícil pensar que o topónimo poida referirse a "Ciudá" das Las e de Ourantes, xacemento castrexo máis coñecido como Castro de San Cibrao das Las.

A ara fálanos dun deus prerromano, Bandua, que foi asimilado polos conquistadores romanos. Sabemos que o castro, posiblemente a capital (A Ciudá) dun extenso territorio entre as comarcas de O Carballiño e Ourense, coincide no seu apoxeo final (séculos I a. C. e III d. C.) coa romanización.

Este apoxeo de A Ciudá viría favorecido polas riquezas mineiras do contorno, de ouro e tamén de estaño. Do ouro temos un topónimo moi gráfico na parroquia á que pertence a metade Este do castro: Ourantes. Do estaño sabemos que hai vetas na ladeira sur do Santrocado e nas inmediacións da Ermida, en Eiras.

Os novos amos, os romanos, aproveitarán as riquezas da zona e a súa estrutura anterior par impoñerse como dirixentes da economía local. A Ciudá de Lámbrica estaría conectada por terra cunha calzada que cruzaba o monte do Santrocado e que chegaría ata o peirao de A Barca, na beira do Miño, moi cerca dun poboado mineiro derrubado para construír a autovía A52, onde había vestixios importantes de laboreo mineiro, destacando os tanques de lavado do mineral.

Dende ese embarcadoiro a navegabilidade do Miño facilitaría a saída de mercadorías, estaño e ouro, cara a desembocadura, onde se conectaría cos círculos comerciais marítimos. A importancia deste territorio xustificaría que fose citado polo xeógrafo Pomponio Mela que nomea á Cidade de Lámbrica, aínda que, lamentablemente, non nos dá a súa ubicación exacta.

Estrabón, un xeógrafo grego, dinos que o Miño era "navegable nuns oitocentos estadios". O estadio é unha unidade de medida equivalente a uns 180 metros, e... dende a desembocadura do Miño á Barca hai menos de 144 quilómetros. Polo tanto a navegación fluvial ata a Barca era posible.

Na ara de Eiras fálasenos do primeiro veciño coñecido de Eiras, e da pertenza do deus Bandua ó territorio da cidade fortificada de Lam ou Lámbrica, centro político, administrativo e relixioso dun amplo territorio ó que tamén estaría sometido o propio dedicante.


Ver inscrición da ara de Bandua de Eiras


Ver a posible situación da Lámbrica de Mela

Ver o país de Lámbrica



Bibliografía

RODRÍGUEZ COLMENERO, A.: Galicia Meridional Romana. Universidad de Deusto. 1977.

GONZÁLEZ IGLESIAS, F.:"O patrimonio, esquecido, no San Amaro. Análise da situación do patrimonio nun concello rural na provincia de Ourense". Ágora do Orcellón 17. Páx. 38-52. Vigo. Marzo de 2009. ISSN 1577-3205.

VIDÁN TORREIRA, M.: "Pambre y el enigma del ara de Eiras", en Nalgures, tomo I. Pág. 335. A Coruña, 2004 (Dispoñible na rede, de interese porque permite coñecer, e comparar, as distintas interpretacións da inscrición da ara de Eiras dende X. Lorenzo Fernández hasta A. Rodríguez Colmenero. Tamén é interesante descubrir que na súa lectura hai un M na segunda liña, o M da nosa LÁMBRICA, aínda que Vidán le PALAMBRIGENSE ¿?).
















Ver El topónimo Lámbrica en el ara de Eiras
BANDV ...?LAMB RICAEAE MILIVSRE BURRNVS
Sobre el lugar de aparición del ara de Eiras
Artigo publicado o 05-09-2010 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor...

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0