Arredor de Lámbrica


137 antes d. C.
Pedra de Formigueiro, Amoeiro
72. "Despois de atravesar o río Douro, levou a guerra a moitos lugares reclamando gran cantidade de reféns aos que se lle entregaban, ata que chegou ao río Letes [Lima], e foi o primeiro romano que proxectou cruzar ise río. Vadeouno, en efecto, e chegou ata outro río chamado Nimis [Miño] e fixo unha expedición contra os brácaros, que lle arrebataran as provisións que levaba.

É iste un pobo moi belicoso, que combate coas súas mulleres, que portan armas e morren con ardor, sen que ninguén faga xesto de fuxir, nin mostre a súas costas, nin deixe escapar un laio. Das mulleres que son capturadas, unhas danse morte a si mesmas e outras, incluso, dan morte aos seus fillos coas súas propias mans, ledas coa morte máis que coa escravitude.

Algunhas cidades que entonces se pasaran a carón de [Xuño] Bruto subleváronse pouco despois, e Bruto voltou a sometelas de novo".

73. "Dirixiuse contra Talábriga, cidade que xa varias veces fora sometida por el, e que voltaba a sublevarse dándolle problemas.

Tamén naquela ocasión lle solicitaran o perdón os seus habitantes e rendéranse sen condicións. Bruto esixiulles, en primeiro lugar, aos desertores romanos, aos prisioneiros, todas as armas que tiñan e, ademais disto, reféns; despois ordeoulles que abandoaran a cidade en compaña dos seus fillos e mulleres.

Cando lle obedeceron, arrodeounos con todo o seu exército e pronunciou un discurso repobándolles cantas veces se tiñan sublevado e renovaran a guerra contra el. Despois de infundirlles medo e de darlles a impresión de que ía castigalos terriblemente, acabou coas recriminacións e deixoulles voltar á súa cidade, para que continuaran habitándoa, en contra do que eles esperaban, pois sacáralles os seus cabalos, o trigo, todo o diñeiro que tiñan e calquera outro recurso público.

Bruto, despois de realizar todas estas empresas, partiu cara Roma. Eu unín estes feitos á narración de Viriato, posto que foron provocados por outros salteadores ao mesmo tempo e por emulación daquel."


(APIANO, Historia Romana)

Textos (www.arredordelambrica.wordpress.com)
Textos (www.arredordelambrica.fala.gal)
Artigo publicado o 27-10-2020 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor...

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0