|
|
|
O Outeiro |
|

Entre A Reghenga e Tralorrío, unha pequena formación granítica nun outeiro recibe, tradicionalmente, ese mesmo nome, O Outeiro, altar por antonomasia, lugar de visibilidade e de culto á natureza, e quen sabe a cantas divindades e forzas ocultas ao longo dos tempos.
Dúas monumentais penedas forman unha porta que mira cara o nacente, na que desemboca unha non moi longa pero pronunciada costa descendente, a modo de pequeno río.
Mirando desde o interior pola grande porta monumental, temos ante nós ao Coto do Santrocado, a menos de dous quilómetros.
A aldea que está na ladeira occidental do monte do Outeiro chámase Tralorrío.
A poucos metros, atravesando un pequeno regato, onde había unha sinxela pero fermosa ponte que estragaron os do progreso, está a aldea da Reghenga.
Entre ambas entidades de poboación atópase un cruce de camiños, o Soutiño, onde se gravou unha cruz nunha peneda. Dende alí, se subimos uns 150 ou 200 metros, chegaremos á cima do Outeiro.
|
|
|
|
|
|
A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor... |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|