Arredor de Lámbrica


A 'Cabeciña' da Fareixa
Canto rodado aparecido nun muíño na Fareixa

Este coio, duns once centímetros de longo, apareceu no interior do muro derrubado dun muíño, ao lado da porta de entrada. O muíño está entre a Fareixa e Marmán, no regueiro da Lavandeira (LaBANDeira?) non lonxe dos montes do Couto e da Ermida, onde se atopan unha mámoa e petroglifos.

Podería tratarse dun obxecto reutilizado con finalidades apotropaicas ou de protección, que se agochou no propio muro pola presenza da dominante relixión cristiá, que só permitiría o uso exterior de cruces e de santiños.

Practicamente todos os muíños tiñan algún sinal de protección. Por exemplo, nestas terras é raro ver algún sen símbolos cruciformes na entrada.


Artigo publicado o 26-09-2020 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor...

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0