Arredor de Lámbrica


O Urco nun anel de Lámbrica
O Urco, recreación dun debuxo de Cuevillas

No Boletín da Real Academia Gallega número 169 (1 de marzo de 1925), LÓPEZ CUEVILLAS dá conta dunha pedra de anel aparecida en Lámbrica. Ilústranos cun debuxo onde se ve un curioso animal representado. Cuevillas falaba dun "cáprido", citando bibliografía portuguesa e un anel semellante, publicado por L. de Vasconcelos. O debuxo de Vasconcelos si é claramente un cáprido, pero o de Lámbrica non pode selo porque o fuciño é demasiado longo.

Algunhas fontes falan dun animal mitolóxico en Galicia e Asturias, o Urco, ou Can do Urco. Cóntase que era un can moi grande, con orellas longas e cornos, que vivía na auga, nas beiras dos ríos ou no mar.

O animal que figuraba no anel de Lámbrica pisa na auga, ten porte de bóvido, orellas longas e cornos, pero un fuciño excesivamente longo que só pode quedarlle ben a un cánido. Será o can do Urco?

O que está claro é que o achádego documentado por Cuevillas é unha peza única, cun deseño digno de estar no escudo municipal. Sería interesante que nos dixeran onde o teñen e que o ensinaran ao público... que pra iso son as entradas e as subvencións: pra espallar o coñecemento na sociedade.




O debuxo de CUEVILLAS corresponde a unha pedra de anel, unha "cornalina oval de 11 por 7 milímetros", que ten gravada "fondamente a figura d'un cuadrúpedo d'identificación pouco doada no que cicais se poda recoñecer a un cáprido".


Ver artigo anterior: O cuadrúpedo de Cuevillas
Web Arredor de Lámbrica
Artigo publicado o 28-08-2017 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor...

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0